Como non sabemos se os xogos do outro día tiveron moita ou pouca aceptación, este fin de semana continuamos con máis propostas: acabouse o encher papeis e máis papeis deeses debuxos vulgares e sen ningún xeito nos claustros e reunións varias. A partires de agora imos a aproveitar todo ese tempo sobrante que temos de abondo asombrando un pouco ao persoal coa nosa inesgotable versatilidade...
Sunday, 30 September 2007
Thursday, 27 September 2007
Homofobia II
Xusto despois de publicar Homofobia, a nosa penúltima entrada , atopamos que no programa de radio "Hoy por hoy" trátase o tema do acoso escolar aos estudantes homosexuais. Somo membros dunha comunidade educativa e entendemos que sería moi bo escoitar atentamente este documento. Nós, como docentes, dámonos por aludidos despois de oir esta exemplar testemuña dun mozo homosexual e a súa nai e prometemos proporcionar información desde este blog. Xa temos, de feito, algunha que pensamos poderá ser de utilidade.
Etiquetas:
HOMOSEXUALIDADE
Percepcións
Grazas ás máis avanzadas tecnoloxías podemos aprezar en toda a súa beleza ou precisión aspectos da realidade que antes nos escapaban.
.
Abríronsenos as portas para contemplar moito do que ata hai moi pouco tempo estaba fóra do noso alcance: as dos detalles da ínfima materia e do interior do organismo, as das profundidades abisais do fondo dos mares, as do planeta Terra e dos máis afastados astros e galaxias tomadas dende o espazo ...Ampliouse o horizonte da mirada humana, ¿pero percibimos todas esas cousas tal e como son ou en certo modo son só simulacións, modelos?


O mundo microscópico captado en fotografías dá imaxes de sorprendente beleza, ideais para facer con elas un poster ou un fondo de pantalla. Remitimosvos á páxina do certame anual de Nikón -Small World- de fotografía tomada con microscopio, que a disfrutedes.
Etiquetas:
FOTOGRAFÍA
Tuesday, 25 September 2007
Homofobia
- "Homofobia" significa temor, rexeitamento ou medo aos homosexuais.
- Non aceptar a un fillo ou filla homosexual non só non é unha alternativa, senón que trae graves consecuencias para o fillo ou filla e dor para toda a familia.
- Os homosexuais e as lesbianas son, como as persoas heterosexuais, moi diversas unhas doutras.
- Somos heterosexuais, homosexuais ou bisexuais pero non sabemos a causa.
- Só as sociedades que non queren cambiar, as escolas que non afrontan este tema e os pais que se negan a axudar aos seus fillos ou fillas deben ser criticados.

Un bo libro e un anuncio xenial dos nosos veciños portugueses.
Seguiremos falando do tema. Non vos parece?
Etiquetas:
HOMOSEXUALIDADE
Monday, 24 September 2007
Lecturas 2007-2008. Departamento de Lingua e Literatura Galega
Velaquí unha entrada un pouco longa, en contra do noso costume, para dar a coñecer os blogs que o alumnado pode utilizar para os comentarios das lecturas deste departamento. Segundo instrucións do profesorado deixaremos sen borrar durante alguns días parte dos comentarios do curso pasado en 2º BAC para que sirvan de referencia.
.
Tamén informamos das novidades deste curso que xa están incluídas nos correspondentes niveis. A selección e reseña destes libros correu a cargo do profesor Anxo González Guerra, Xefe de Departamento e membro do equipo da Biblioteca:
.
Un bosque cheo de faias, Francisco Castro, Everest, 
Tres mozos amigos e compañeiros de instituto (15 anos) van sempre ao mesmo bar xogar a partida e tomar unha coca... e falar: Alexandre, Manuel e Antón. Alexandre non atura o novo noivo da nai; Manuel é rapaz perfecto: coa nai, estudante, educado, sincero... Chega do Senegal un rapaz negro, Nelson, e Manuel faise amigo del para introducilo no ambiente e acaba indo tamén ao bar. Pero Nelson e o seu pai son asaltados por un grupo nazi que lles dá unha malleira. Hai indicios de que un dos asaltantes os coñece. Quen será? Comezan as dúbidas e sucédense as sorpresas. Ben escrito. Lese dun tirón este libro. (Para 15 anos)

Tres mozos amigos e compañeiros de instituto (15 anos) van sempre ao mesmo bar xogar a partida e tomar unha coca... e falar: Alexandre, Manuel e Antón. Alexandre non atura o novo noivo da nai; Manuel é rapaz perfecto: coa nai, estudante, educado, sincero... Chega do Senegal un rapaz negro, Nelson, e Manuel faise amigo del para introducilo no ambiente e acaba indo tamén ao bar. Pero Nelson e o seu pai son asaltados por un grupo nazi que lles dá unha malleira. Hai indicios de que un dos asaltantes os coñece. Quen será? Comezan as dúbidas e sucédense as sorpresas. Ben escrito. Lese dun tirón este libro. (Para 15 anos)
A cova das vacas mortas, Jaureguizar, Ed. Xerais, 129 p.
Esta no
vela está protagonizada por Xoel, mozo de 16 anos que vive nunha comuna xunto ao encoro de Negueira de Muniz. Non sabe quen foi seu pai e a nai cultiva marihuana que vende en Lugo para logo gastar nas festas. El fala galego e español que aprendeu no colexio e coa nai aprendeu a lingua de Alemaña. Vai ao instituto, cruza o encoro en barca. Hai problemas porque agora que se abriu a estrada os vellos donos reclaman as casas abandonadas e a garda civil ten que desaloxar. Pero a Foxo chega o vello avó de Alemania e todo vai cambiar. Trae unha súper 8 que grava todo, anda enfermo e ten que cambiar os cueiros cada pouco, fala sempre dunha cineasta que colaborou con Hitler... van empezar a pasar moitas cousas e de repente... demasiadas... ata chega Iria, unha fermosa moza da capital... e...Novela premio da F. Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006. Lese dun golpe: o amor adolescente, o cine, a ecoloxía, a liberdade. (Para 16 anos)
O talismán dos druídas, Pepe Carballude, Everest, 109 p.
O consello de anciáns do Nerios (castro de Amenarelle) ve próximo o ataque das lexións romanas m
andadas por Décimo Xunio Bruto. O cego druída Arístides propón recuperar un talismán coa axuda dun mozo, Kanerez, que debe superar tres probas para ser o elixido.
Convertido en U-xio pasará unha morea de aventuras loitando contra todo tipo de seres fantásticos e monstruosos, coñecerá a bela Briseida, montará en Euro e procurará o diamante das doce caras que salve o seu pobo do monstro que vive nas minas.
Novela de aventuras fantásticas ambientada nos castros, ben contada e con ilustracións.(12-13 anos)
Esta no

O talismán dos druídas, Pepe Carballude, Everest, 109 p.
O consello de anciáns do Nerios (castro de Amenarelle) ve próximo o ataque das lexións romanas m

Convertido en U-xio pasará unha morea de aventuras loitando contra todo tipo de seres fantásticos e monstruosos, coñecerá a bela Briseida, montará en Euro e procurará o diamante das doce caras que salve o seu pobo do monstro que vive nas minas.
Novela de aventuras fantásticas ambientada nos castros, ben contada e con ilustracións.(12-13 anos)
A pomba e o degolado, Fina Casalderrey , Xerais. 171 p
A pom

Carlos Reigosa novela a historia de Pepa a Loba

Comeza con A xeito de como se fixo (agradecementos). Logo vai contándonos as peripecias da sonada bandoleira. A súa infancia e mocidade, a súa convivencia e casamento cun vello cantineiro, a desgraza que a levou a presidio, o seu amor con Daniel, a fuxida e ... como logo vai montando o grupo de bandoleiros e a as súas falcatruadas. Todo moi ben contado. E un luxo, as ilustracións son de Miguelanxo Prado.
(Para 17-18 anos)
O club da calceta, María Reimóndez , Xerais, 271 páxs
Do mellorciño publicado no 2006. Lese moi ben, ten gancho e está moi ben narrada. Historias de mulleres escritas por unha muller para ler homes e mulleres. Seis mulleres acoden a un curso de calceta que organiza unha asoci

(Maiores)
Etiquetas:
LITERATURA GALEGA,
NOVIDADES
Friday, 21 September 2007
A XOGAR !

Como loitar contra imposibles produce ansiedade, propómosvos estes marabillosos xogos do deseñador californiano Ferry Halim. Teremos moitas máis posibilidades de éxito loitando contra estes animaliños e personaxes tan tenros que contra a Todopoderosa Administración. Relaxarannos a coidadísima estética, os tons pastel e as suaves melodías. Como imos tendo unha idade, tampouco é que sexan moi difíciles para poder darnos o gustazo de acadar unha puntuación razoable. Se son demasiado cursis para algún ludópata empedernido, sempre haberá algún menor de 12 anos que os saiba aprezar.
.
Etiquetas:
COUSAS,
RECOMENDACIÓNS
Thursday, 20 September 2007
¡ Qué blanca más bonita soy !

Novela moi curta que se le dun tirón e é, na nosa opinión, extraordinaria e moi diferente aos libros que acostuma ler a rapazada; exemplifica perfectamente como a forma narrativa pode determinar a calidade do contido e como a boa literatura pode estar ao alcance de calquera.
Qué blanca más bonita soy de Dolf Verroen recibiu, entre outros, os seguintes galardóns:
- Premio Alemán de Literatura Infantil 2006
- Premio da Paz Gustav Heinemann para Libros Infantís 2006
- Luchs des Monats (Lince do Mes) do semanario Die Zeit e Radio Bremen
- Eule deas Monats (Curuxa do Mes), do Bulletin Jugend & Literatur (Boletín Xuventude e Literatura).
- Die Besten Sieben( Os Sete Mellores) de 2006, de Deutschlandfunk ( Radio Alemaña) .
Etiquetas:
DEREITOS HUMANOS,
NOVIDADES,
RECOMENDACIÓNS
Wednesday, 19 September 2007
Outros universos


A seguinte recomendación é o libro Ler Lolita en Teherán da escritora iraniana Azar Nafisi. Fala das peripecias dunha profesora de Literatura para ensinar ás súas alumnas nunha universidade deste país. Este libro foi lido xa bastantes veces e sempre foi do agrado das súas, case sempre, lectoras. E buscando, buscando na rede atopamos información so
bre Rafael Robles que pasou por unha experienca moi parecida en Teherán e ten un interesántísimo blog. Decatámosvos que el tamén ten un libro do trinque que nos apetece bastante: Ler el Quijote en Teherán, inspirado, como é obvio, no anterior; adquirirémolo rapidamente.


Tamén adquiriremos en datas inminentes El legado de la pérdida, de Kiran Desai escritora angloindia, gañadora do último Booker Prize. Fala dos sentimentos dos emigrantes en países de culturas moi diferentes ás que estas persoas teñen como referencia. Interésanos o tema.
Pois xa sabedes, se vos apetece algún....
Etiquetas:
NOVIDADES,
OUTROS UNIVERSOS
Tuesday, 18 September 2007
A cara oculta do talibán


Unha vez máis comprobamos a tremenda hipocrisía e o cinismo dos represores, máis hipócritas e máis cínicos canto máis crueis son os seus métodos. Realmente son fotos que poducen unha sensación estraña; botade unha ollada porque paga a pena e non vos desanimedes polas explicacións en inglés. contan máis ou menos o que acabades de ler.
Etiquetas:
Talibáns
Monday, 17 September 2007
De visita a Miniterra
É difícil facerse unha idea mental clara dunha situación cando se nos proporcionan os datos utilizando cifras demasiado elevadas. Millóns de persoas morren de fame, millóns de dólares gastados en armamento, aumentan as vítimas da sida... pero frecuentemente son datos carentes de sentido pola súa magnitude. Dende o ano 2001 o proxecto Miniature Earth pretende que visualicemos a poboación do planeta con máis eficacia para resaltar algunhas circunstancias sorprendentes que a miúdo pasan desapercibidas por este motivo. O proxecto propón reducir imaxinariamente a poboación do planeta a unha pequena aldea de 100 persoas e axustar todos os datos proporcionalmente para ter unha idea clara de como esta imaxinaria minialdea planetaria está habitada por nós. É un documento curioso e moi didáctico. Textos en español. 

Etiquetas:
TERRA
Friday, 14 September 2007
Golfiños varados na meseta
É todo un honor para este blog o comentario da escritora Fátima Peón. Como podemos esquecer a alumna tan ilustre que se inspirou no noso centro para a súa novela Camposanto, por certo con moito éxito entre o alumnado actual! Que veña por aquí cando queira que este sempre será o seu instituto e a biblioteca a súa casa. Non esquecemos a última vez que se prestou a falar da súa o obra a uns cursos de 4º ESO e 2º BAC, velaquí a foto
E asemade aproveitamos para recomendar o seu interesante blog do trinque.
Saúde, Fátima, e que che vaia ben por Madrid.
E asemade aproveitamos para recomendar o seu interesante blog do trinque.
Saúde, Fátima, e que che vaia ben por Madrid.
Etiquetas:
COUSAS
Wednesday, 12 September 2007
Diferenzas
Onte líamos na prensa o entusiasmo de María Amelia, a internauta coruñesa de 95 anos que declaraba estar chea de vida e gozando de cada minuto que pasaba conectada á rede. Era case imposible non sorrir de admiración ao vela tan fresca, tan sedenta de información. Aquí tendes a ligazón do seu envexable blog, que recibe centos e centos de visitas de xente de todo o mundo e de todas as idades. Foi un agasallo do seu neto para celebrar o seu cumpreanos. Por certo, non vos perdades o vídeo.
Hoxe, en cambio, lemos a morte do Toro de la Vega, festexo declarado de interese turístico rexional pola Junta de Castilla y León. Entramos nesta páxina de denuncia onde se describe con detalle todo este ritual de morte e crueldade extremas. Entramos tamén nesta ligazón onde se defende a morte do animal con vehemencia en nome de non sabemos que estúpidas raíces e tradicións.

É certo que debemos construír entre todos sociedades plurais onde poidamos convivir malia as nosas diferenzas pero ás veces non podemos nin queremos ocultar o sorriso e a admiración que nos produce a enriquecedora vellez de Mº Amelia nin a repulsa e o noxo máis contundentes ante o Torneo del Toro de la Vega
Monday, 10 September 2007
Un libro perigoso para os rapaces
Resulta que "A dangerous book for boys" (Un libro perigoso para os rapaces) é un grande éxito editorial na Gran Bretaña. Este libro, de portada nostálxica, como podedes ver, pretende ser unha especie de enciclopedia do lecer pasado de moda. Tenta ensinar a construír xoguetes divertidos, a fomentar o xogo compartido cos pais e a animar a practicar actividades ao aire libre fronte ao sedentarismo das play stations. Recomendamos unha ollada ao vídeo que tamén ten o seu punto e xerou certa polémica polo papel tan tradicional da nai da criatura. Desde logo o título tampouco ten desperdicio. Seica as mozas non se divirten lanzando bombas de auga ou xogando ao aire libre? Non vos parece un título pouco afortunado? De todos os xeitos, a idea pode ser interesante. Que facemos? Comprámolo?
Etiquetas:
NOVIDADES
Sunday, 9 September 2007
Máis Mar
Pouco a pouco empezaremos a contarvos as novidades que podedes atopar na biblioteca este curso. Agora que falabamos do Mar, lembramos que temos un libro precioso "El mar: terror y fascinación" de moi recente adquisición onde, ademais dos interesantes contidos, podedes admirar gravados, miniaturas, ilustracións de diferentes épocas e culturas .

Outra suxestión é a película "De profundis" de Miguel Anxo Prado. O título alude ao lugar onde se sitúa o argumento: o fondo do mar. É unha homenaxe ao mar, a nosa reserva de vida e esperanza, e símbolo dos nosos pesadelos e soños. Especialmente destacable é a banda sonora e, por suposto, as pinturas ao óleo animadas. Paga a pena que botedes unha unha ollada á ligazón para que vos fagades unha idea da atmosfera da película. Nesta outra ligazón atoparedes máis información.

se estades interesad@s xa sabedes....
Friday, 7 September 2007
Pontevedra e o mar

"Es la villa de Pontevedra el mejor lugar de toda la costa deste reyno, así por su grande población como por el trato. Está situada en un llano, en la orilla y margen de su río de la parte del mediodía entre dos bueltas que él da , con que queda gozando de él por la parte del levante, donde tiene una muy buena puente de cantería...su puerto es abrigado de todos tiempos y sergurísimamente dan fondo los navios dentro de su barra, junto a las mismas casas de la villa..."
A Casa das Campás recolle a mostra Pontevedra Peirao de historia, na que se lembra a relación da cidade co mar a través de fotografías, gravados e documentos históricos. É moi interesante e aínda estades a tempo.
Etiquetas:
PONTEVEDRA
Thursday, 6 September 2007
Adeus Elisa
Elisa acaba de morrer esta mañá. Só tiña 14 anos. Sobre a mesa da biblioteca aínda está o último libro que levou prestado cunha nota de desculpa polo atraso na devolución. Non puido terminar de lelo porque empezara un tratamento que ao final resultou inútil. Estamos desolados.
Tuesday, 4 September 2007
De novo

Por certo, encantaríanos poder xerar un chisco deste entusiasmo colectivo para as iniciativas que propoñamos durante este curso que está a piques de comezar.
Benvidos de novo a Mesturas despois do decanso veraniego. Aquí estamos, coma sempre, ao voso dispor...
Etiquetas:
PONTEVEDRA
Subscribe to:
Posts (Atom)