Monday, 10 September 2007

Un libro perigoso para os rapaces


Resulta que "A dangerous book for boys" (Un libro perigoso para os rapaces) é un grande éxito editorial na Gran Bretaña. Este libro, de portada nostálxica, como podedes ver, pretende ser unha especie de enciclopedia do lecer pasado de moda. Tenta ensinar a construír xoguetes divertidos, a fomentar o xogo compartido cos pais e a animar a practicar actividades ao aire libre fronte ao sedentarismo das play stations. Recomendamos unha ollada ao vídeo que tamén ten o seu punto e xerou certa polémica polo papel tan tradicional da nai da criatura. Desde logo o título tampouco ten desperdicio. Seica as mozas non se divirten lanzando bombas de auga ou xogando ao aire libre? Non vos parece un título pouco afortunado? De todos os xeitos, a idea pode ser interesante. Que facemos? Comprámolo?

1 comment:

Anxo González Guerra said...

Grazas a mesturas por estar de novo aí. Tiña medo de que este ano quedase debaixo da area nunha praia ou quen sabe onde...

Related Posts with Thumbnails