Grazas ao Concello de Pontevedra, que cada ano organiza varias sesións de teatro para escolares, 50 alumnos e alumnas de 4º ESO A e 2º BAC (Literatura galega do século XX) van este xoves ao Teatro Principal. Estes dous coñecidos actores (quen non viu algún capítulo de Pratos combinados? Quen non sabe quen é Miro Pereira?) serán os encargados de facer que gocen dun espectáculo no que dous viúvos discuten, falan, comentan. Convidamos aos asistentes a que deixen aquí os seus comentarios. Que lles pareceu Aeroplanos? Que opinan da obra? e da actuación de Ernesto Chao e Xosé Manuel Oliveira?
Wednesday, 22 October 2008
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
20 comments:
Quen non coñece a Miro? Despois de tantos capitúlos na Galega e tantas e tantas peripecias e estupideces, quen ia pensar que seguía sendo igual? Con uns cantos anos enrriba, pero mantendo o seu humor e o seu gancho, fíxonos disfrutar, tanto a alumnos coma a profes, coa su obra de teatro, Aeroplanos. Sempre me gustou a sua forma de actuar e compraceume velo na realidade por segunda vez. Non hai moito máis que poda dicir, gustoume e penso que o pasamos realmente ben.
Mar Serrano González 4ºA
Unha obra de teatro en estado puro, na que so mediante diálogos entre dous persoxes distintos e cuns cantos anos enriba, adentramonos nas súas historias e vivencias. Un intre divertido e agradable, no que recordan tempos pasados, as súas mozas, a dedicación de un no seu traballo de banqueiro, a maestria do outro xogando ó balón... Pero os tempos cambian, e eles co paso do tempo empeoran en saude. Un deles espera as analíticas que lle mostraran o tempo que lle queda de vida e o outro a piques de entrar nun xeriátrico, pola marcha da súa filla a outro país. Mediante discursións adentramonos na mente destas dúas persoas que deciden ó final aporbeitar o pouco tempo que lles queda. Os dous actores actuaron realmente ben, e había moita complicidade entre eles. Gustoume a obra.
Felicitacións a todos e todas polo exquisito comportamento, para que logo digan que a xente nova non sabedes comportarvos! Con xente coma vós dá gusto organizar actividades
Bóas Noites!
Estupenda obra de teatro!!!, "Miro Pereira" na súa liña de andar sempre nas nubes e non decatarse de nada. Recordoume a ese fantásticos capítulos de pratos combinados que tanto me facíaN rir. Vese que por algúns pasan os años pois o "abogado" o puxeron ven avellentado , Miro era o mesmo de sempre.
Ha historia que transcorre na casa de un dos persoaxes onde botan toda a mañá e toda a tarde lembrando vellos tampos da mozidade tempos peores e tempos mellores, o que pudo ser e non foi (un persoaxe que iba ter salida no fútbol tivo que retirarse por unha lesión)a historia fíxonos rir, fíxonos pensar en como serían aqueles tempos, intrigounos (e o final quedamos sen saber que dicía a analítica!!!!!) e o final sobre todo emocionounos un fantástico final , no que un amigo convida a outro a irse a recorrer o mundo pos querían deixalo nun xeriátrico.
Fantástica obra de teatro.
Saúdos Xacobo!.
Pareceume unha obra de teatro moi interesante e ademáis impresionoume o feito de ver a estes dous persoaxes nun escenario, xa que estou acostumada a velos a través da televisión e desa serie tan coñecida por nenos e non tan nenos coma é a serie de “Pratos combinados”. En sí a obra de teatro AEROPLANOS trata sobre dous vellos que levan xa tempo xuntos sabendo moitas cousas un do outro, cada un cuns problemas diferentes...Un dos vellos con que a súa filla o quere ingresar nun xeriátrico e o outro a voltas cos resultados do análise. Felicito a todas esas persoas que fixeron posibel a obra e grazas por facernos pasar un bó rato con estes dous grandes actores.
Lucía Rodríguez de Sáa 4ºA
A obra gustoume aínda que houbera partes que aborreceronme un pouco.Nesta obra, reflexa a vida de dous vellos que están sempre a discutir por parvadas, pero que no fondo esa amizade de moitos anos non se vai romper por nada, e menos por unha discusión. Na obra fai pequenas reflexións acerca de vida e da morte. Un dos vellos está esperando a súa analítica para saber canto tempo lle queda de vida, pero este non quere saber nada de ese resultado,por iso en lugar de leelo queimano e prefiere pasar o resto do que lle queda sin sabelo. O outo vello vai ser ingresado nun xeriátrico.Este tempo de"liberdade" que lles queda vaino a aprobeitar facendo viaxes e disfrutando.
En definitiva os persoaxes fixeron un boo papel xa que, as veces, parecían auténticos vellos de verdade .Polo tanto considero que a obra foi boa.
a obra amosase ao inicio bastante divertida vese a dous vellos falando sobre as suas vidas,un sempre refunfuñando e o outro facendolle rabiar,os dous teñen problemas na súa vida,un espera unha analítica para saber canto tempo lle qeda neste mundo mentres que o outro vai quedar so porque a súa familia vaise e o deixan nun xeriátrico,nesta obra vese as desgracias e alegrias de dous vellos durante unha longa etapa de vida,pouco lles queda e ainda teñen soños e deciden cumplilos ainda q sexa o único q fagan hasta morrer.
as veces a obra facíase aburrida sempre os mesmos vellos falando pero aind hai partes nas cales botas unhas risas
gustoume facer esta actividade espero q podamos facer moitas mais!
A verdade é que a obra estivo ben pero podía ser mellorable. O argumento era bastante bo pero chegou un punto en que se fixo un pouco monótono.
Para o meu gusto tiñan que intervir mais persoaxes,estaría ben que en vez de tantas chamadas telefónicas adaptaran o guión para que interviran os persoaxes en carne e oso.
Polo demais os actores fixerono moi ben facendo o papel de despistado e algo máis intelixente como na famosa serie de Platos Convinados.
Gustoume moito facer esta actividade.
Amalia Bouzas
mereceu a pena! encantoume.
Gustaríame que eestes dous coñecidos persoaxes lesen os nosos comentarios e soubesen o que pensamos e opinamos sobre esta obra.Que soubesen todo o que nos fixeron rir e o que nos divertiron facendo algo tan sinxelo,baseado nun diálogo permanente.
Todo o que se fala durante a obra,amosa a realidade,o que está pasando hoxe en calquiera momento do día,no que dous vellos,amigos ou non,conta o seu pasado, a súa infancia,os seus recordos máis prezados...
Cristobal é moi alegre e preocúpase moito polos demáis, encántalle a lectura,a filosofía e a cultura. Pola contra,Francisco é egoísta consigo mesmo,pero non cos demáis e tenlle tanto medo a morte,que decide quiemar os resultados da analítica sen miralos.
Todo remata cun final feliz,os dous amigos cumprindo o se soño de viaxar e percorrer o mundo.
Imaxinei dende un principio que ía ser unha obra moi entretida e graciosa ao saber quen era un dos seus actores, o coñecido por todos "Miro Pereira". E dende logo, estaba no certo. Encantoume a obra en xeral, aínda que me houbese gustado que aparecesen máis personaxes. Foi inxeniosa e divertida dende o principio, aínda que sentín moita mágoa cando me fixo reflexionar sobre o difícil que pode ser a vida dos vellos, sen poder facer nada para evitar que os teus familiares te leven a un xeriátrico (exemplo do que lle ocorre a "cristo"), ou tendo a inquietude de saber que pódeche quedar pouco tempo de vida (como é o caso do "galego"). Aínda que non me gustou ficar coa intriga dos resultados da analítica, quedei tranquila sabendo que os dous ían cumprir o seu soño viaxando polo mundo sen ningunha preocupación que non fose pasalo ben.
En conclusión, unha obra digna de ver na que polos actores pasan os anos, pero non a virtude de facer rir e gozar á xente coma ananos.
Laura Pena Villanueva 4ºE.S.O. A
Poucas veces fun ao teatro asi que pódese dicir que é a mellor obra que vin.
Respecto aos actores fíxoseme raro velos metidos neses personaxes xa que estaba acostumado a velos en 'Pratos Combinados'.
En liñas xerais a obra gustoume porque os dous vellos a pesar dos seus respetivos problemas teñense o un o outro e aturanse.
Ningún dos dous vellos queria ficar sós así que obtaron pola mellor opción a marcharon xuntos en busca de aventuras.
Gustariame repetir algunha actividade de este tipo.
Jacobo Mouriño Casal.2ºBach E
A obra estivo ben, pero un pouco aburrida. Tiñan que meter máis perxonases, xa que o dialogo entre eles cansábate un pouco.
Pero a historia gustoume, pode verse unha amacizade de varios anos de dous vellos, que o mais importante para eles son eles. Francisco o final prefire irse de viaxe con Cristobal por todo o mundo e vivir todos os días como se fose o último que quedarse coa súa familia na casa. Cristobal é un velliño que ten medo que morra o seu amigo por que si no quedaría so no mundo, xa que a súa familia se va para Canada. Así que a histora amosa as preocupacions desa idade.
Os actores fixeron un esplendido papel na obra, meténdonos a todos na histora, e querendo saber o resultado da analítica.
Gustoume moito esta actividade e estaría moi ben podela repetir.
Ana Camuñas Solano, 2ºBACH E, Nº8
A historia desta obra de teatro vai de dous vellos que son amigos de todala vida e reflictese nela os desexos,preocupacións, inquetudes que calquera persoa pode ter a esa idade.Na miña opinión a obra está moi ben feita xa que facer un guión de só dous personaxes entretendo a xente e facer que se interese polo o que está a ocorrer e trannscurrida nun mesmo espacio non é cousa fácil.
O que quero destacar é a espléndida interpretación dos dous actores xa que fan que te metas de cheo na historia.
A mensaxe principal que me trasmitiu esta obra é que aunque sexas xa unha persoa maior sempre tes que ter ilusións, e estas pódense facer realidade, como neste caso a ilusión de viaxar, otra mensaxe e o valor da amizade que aunque pasen os anos é unha cousa que sempre vai estar ahí.
A gustoume moito e actividade estivo moi ben.
Paula Ameneiros Fraga Nº2 2ºBACH A
É unha obra que disimuladamente rememora a todas esas persoas que no pasado tiveron que emigrar a latinoamérica, moitas delas galegos.Por iso un dos protagonistas é galego.
O contido do agumento presenta un pronunciado contraste entre o pasado e o presente.Dous vellos amigos que comentan a súa mocidade,os seus tempos de gloria,o orgullo polo neto,vellas profesións,a vida coas súas defuntas mulleres...resumindo, a vida en si mesma.Mais,despois de tantas vivencias chegan á vellez, un deles cun degradado estado de saúde e outro a piques de ser internado nun xeriátrico.
A obra desenvólvese nun único espazo(a casa dun dos protagonistas)e esta cargada dun ambiente de saudade e morriña, acompañada dun claro sentimento dunha longa amizade.
Para finalizar quero facer fincapé na excelentísima actuación dos actores,que aportaron á obra un carácter cómico que nos fixo pasar un bo intre.
Irene Bemposta Iglesias 2ºBACH E
A obra encantoume! pareceume moi correcta, graciosa e triste todo na súa boa medida. Oa actores fixeron o seu traballo xenial e encantaríame ir outra vez ao teatro a ver unha obra de este estilo, aínda que despois teñamos que facer un traballiño.
Penso que é unha para todos os públicos aída que hai cousas que ó mellor xente máis nova non lograría entender.
Ao final, cando falaban do xeriátrico fixome pensar moito no noso futuro, xa que é moi triste que os teus propios seres máis achegados queran meterte nun centro para non ocuparse de ti.
María Otero Cadavid 4ºA
Gustóume moito a obra de teatro. As veces podía parecer aburrida por que so salían os dous vellos falando pero foi xenial.
O personaxe que máis me gustou foi Cristobal. Era moi gracioso e ademáis recordabas a Miro Pereira o seu personaxe en Pratos Combinados na Galega.
Creo que son homes moi especiales os dous da obra, que non teñen a case ninguén e teñen medo de quedar un sen o outro.
En cantoume o final pois acaba moi ben , os dous marchan a España para viaxar logo por todo o mundo, como se ainda fosen xóvenes e lle quedara toda unha vida por diante.
O primeiro que quero dicir e que me gustou moito a interpretación dos dous actores, pero o certo é que a obra fíxoseme un pouco pesada.
O primeiro acto, gustoume moito. O certo, é que cando rematou este acto, e todos pensamos que a obra xa rematara,a verdade é que a noticia agradounos bastante, e ata ahí,a obra pareceunos moi boa,pero cando comenzou o outro acto, xa se foi facendo pesado...
Eu por exemplo,aínda que non fun a única polo que comprovei, nalgún momento estiven a piques de durmirme xa que unha parte do segundo acto era moi monótono.Discutían,e Cristóbal erguíase de onde estaba sentado para marchar,e Paco dicíalle que non fose parvo e que sentase. Esta foi unha acción que poidemos ver no longo da obra moitas veces.
Quizais moita xente pense que son demasiado crítica, ou otras persoas pensen que son relista, ou para outras quedome curta, eu solo digo o que penso.
Ome mal, o que se di mal mal non estivo, si que se fixo un pouco pesada pero tampouco foi unha tortura. Probablemente seria máis interesante se intervisen máis persoaxes como os seus fillos o os seus netos.
Asi e todo, rinme moito nalgunhas "esceas", como a do teléfono coa moza do neto de Paco, ou cando Paco se metía con Cristóbal ou mesmo cando falaban de como se chamaban un ao outro.
En conclusión, non estivo del todo
mal. Nota numérica: 6 BEN
Marta Álvarez Sánchez, 2ª bach
pareceume unha obra boa de teatro polo seu senso humorístico. Os personaxes que actuaban nas escenas son expertos en humor e saben que forma de expresarse deben utilizar en cada intre. Sen embargo, non me chegou a gusta na súa totalidade xa que me pareceu demasiado longa pora estar representada tan só por dous personaxes. Daríalle un 9´5 á obra pero un 5 ao tempo transcurrido, que se fixo algo interminable.
Antes de nada querería salientar a conservaión do humor por parte dos dous personaxes da obra, que aínda que os veíamos fai pouco na galega en: "Pratos combinados", seguen provocando a risa no seu público e mantendo sempre esa fala tan galega que lle da moito humor.
Foi un obra interesante que reflectiu moi ben a vida das personas maiores daquela época na que aínda quedaba xente sen pisar os aeroprtos (no caso de Miro)ou co desexo de poder visitar máis mundo antes de que fose demasiado tarde. Malia iso houbo algunhas partes da obra nas que aborrecinme un pouco debido à demasiada fala.
Pero sen dúbida o que maís me gustou foi cando o "avogado" queima o papeliño e prefire non saber o que pón e disfrutar o máximo o que lle queda de vida; eu faría o mesmo.
E para rematar darlle a gracias ó noso profe de galelgo por levarnos a ver este tipo de obras que che amosan a vida de outros tempos
Un saúdo!!
para empezarmos, a obra estivo bastante ben e entretida, posto que rimos e nos divertimos moito. Ademais de ser unha boa actividade extraescolar, beneficiounos no relacionado con perder clases, aínda que con isto non quero dicir que me guste perder clases nin moito menos. Tamén foi unha boa actividade no tema en que desta maneira relacinamonos e collemos confianza entre nós.
Sen irmos do tema quero expresar a miña opinión sobre o que máis e o que menos me gustou da obra teatral.
- O que máis me gustou foi que os actores representaron a obra extraordinariamente ben, moi metidos no seu papel e sen mostrar ningún indicio de nervos ou inquietude. Outra cousa foi o tema da representación que para min foi a máis axeitada quizais en relación coa nosa clase e cos temas e poemas que ultimamente estamos a tratar na materia (tema: os galegos que emigraron a Arxentina e ficaron alí) E por último gustoume o decorado e a música empregada no escenario, creo que foi bastante axeitada tamén cos personaxes, ademais de estares todo moi organizado e ben posto no seu respectivo lugar. Creo que as personalidades dos dous actores foron moi ben seleccionadas.
-Un vello que non se arregla nada fisicamente, que non seus tempos era un gran líder sen ter medo de nada nin de ningués, que tivo dentro do que cabe unha vida de éxito, ó final non sabe como aceptar que vai morrer e está tremendo do medo mentres espera as análises médicas que fixo.
-Outro vello que viste moi elegante e acicalado, que nos seus tempos non lle facía as beiras a ningunha muller e parecía coma se fose o típico "tirillas" do grupo, que profesionalmente na vida non lle foi moi ben pero que ó menos conseguiu un bo traballo e unha boa muller, e ó final ve que unhad das cousas máis importantes na vida é a preocupación de quedares só no mundo.
Para rematarmos, quero engadir que espero que poidamos asistir a algunha outra obra de teatro máis ou claquera outra actividade similar, mais se aínda por riba está en galego. E que decires, para min foi unha actividade que fixo que tivésemos máis relación entre nós mesmos e co profesor, xa que penso que ás veces no é que non che guste unha asignatura en si, senón a maneira ou feito de explicala o mestre.
Post a Comment