Chéganos hoxe a través do correo a curta gañadora no último Festival de Cannes celebrado no pasado mes de Maio. Esta Historia dun letrero pouco despois xeraría unha viva polémica ao ser acusado de plaxio o seu autor, o mexicano Alonso Alvarez Barreda por ser a historia que conta sorprendentemente parecida á do video que aparece en segundo lugar, "Una limosna, por favor" tamén presentado con anterioridade, na categoria de curtas de menos de 30 segundos de duración, noutro festival cinematográfico Notodofilmfest. O curioso é que o seu autor, o español Francisco Cuenca Alcaraz comentou non sentirse ofendido, nin moito menos plaxiado, porque tampouco el era o creador da idea orixinal, senón que ésta baseábase nunha historia anónima que circulaba pola rede. Cada vez máis difícil o tema este dos dereitos de autor. Miúda complicación.
Historia de un Letrero en Yahoo! Video
1 comment:
Quizais debería falar coa sociedade de autores... non sei que opinaran eles... A min me parece que complicarse a vida si que o fan... e aos demais tamen.
Post a Comment