"Sumámonos á defensa da nosa lingua, o noso maior patrimonio, e convidamos a exercer o dereito a vivir en galego sen nengún tipo de impedimentos nin de coaccións. No día das Letras Galegas 2009 queremos reivindicar a lingua galega como a principal soporte xerador das manifestacións do noso patrimonio cultural inmaterial. Unha lingua que foi a creadora desde a época medieval das mellores expresións da cultura galega-portuguesa. Unha lingua que nos achega a unha comunidade de falantes de máis de 200 millóns de persoas en todo o mundo e que constitúe o mellor pasaporte para tender pontes coa lusofonía. Unha lingua que nos identifica no mundo fronte á globalización e á uniformización lingüística."
Iniciativa Ponte nas ondas
5 comments:
A min, de sempre, tamén me atraen as pontes. Tenderei un destes días unha entre Mesturas e Bemilladoiro enlazando esta entrada.
Coño! Eu pensaba que esta a lingua a acababamos de inventar...!!!
Pasará ao noso blogue, sen dúbida.
Bicazos
Eu tamén quero sumarme a esta iniciativa, vou copiar o teu post no meu blog.
Felices lecturas, IES Moncho Valcarce, As pontes
Eu tamén póñome do voso lado.
Grazas a Charo Mesturas é unha ponte que liga a nosa lingua (dos que a aprendemos de nenos e desta Manchega integrada hai anos) coa modernidade e o futuro. Parabéns!
Post a Comment