Saturday, 27 February 2010

Autopréstamo

Hai xa tempo que as familias e, en xeral,  a comunidade educativa do centro, o IES Sánchez Cantón, teñen a súa disposición un servizo de Autopréstamo no vestíbulo do centro. A iniciativa forma parte do desexo de achegar a información ao maior número de persoas posible. Desde a semana pasada o servizo queda ampliado de forma permanente con tres novas seccións:

  • Quéreme ben. Conxunto de documentos de ensaio e narrativa  sobre a violencia de xénero.
  • Desmontando armarios. Bibliografía con información sobre a homosexualidade e para previr e identificar comportamentos homófobos. A escolma de materiais desta sección foi recomendada polo equipo da biblioteca do IES Afonso X O Sabio de Cambre.
  • Conciliación. Materiais que forman parte dun traballo de investigación máis amplo realizado por profesorado do centro que titulamos Conciliación Vida-Morte. Trata sobre todo da xestión da perda e o dó.

Para os interesados na bibliografía podedes botar unha ollada nesta ligazóns desde a que podedes acceder aos fondos clasificados por materias.

Para bibliografía comentada de Desmontando armarios.
Para a bibliografía comentada de Conciliación (entrar como convidado).
Para máis materiais sobre o mesmo tema (entrar como convidado)

Thursday, 25 February 2010

A Cor da pel

Interesante información sobre os motivos dos riscos específicos que temos as persoas de pel clara e os que teñen as de pel máis escura.

Wednesday, 24 February 2010

Poema visual. Hermeneia.

Moitos e moitas dos responsables das Bibliotecas Escolares Galegas lembramos a magnífica conferencia coa que nos obsequiou no seu día  Laura Borrás,  a brillante directora do proxecto internacional HERMENEIA (Estudos literarios e tecnoloxías dixitais. Da súa web, Mar puro, un suxestivo poema visual de Aya Karpinska.

todomar

Tuesday, 23 February 2010

Lolita

Hoxe, mentras andabamos á procura de  información sobre escritores rusos para o noso club de lectura (temos un socio que é un auténtico experto no tema) atopamos unha interesante referencia a  Pnin unha obra de Nabokov que non coñecíamos  e resulta que se pode descargar de balde na rede. Entón lembramos a inesquecible Lolita e atopamos estas fermosas esceas das dúas versions cinematográficas: a protagonizada polo xenial Jeremy Irons  en 1997, e a dirixida polo tamén xenial Sanley Kubrick en 1962, aínda que pensamos que non é a mellor das súas obras.

Monday, 22 February 2010

Sunday, 21 February 2010

Facebook no século XVIII

Os libros de amigos, Stammbücher, aparecen por primeira vez nos séculos XVI e XVII en Holanda, Alemania e países da súa área de influencia. Parece que xurdiron inicialmente do costume moi popular entre os estudantes de ter nas súas biblias persoais  sinaturas, citas ou consellos de compañeiros e profesores. Tan popular era esta práctica que pronto os editores comezaron imprimir biblias con varias páxinas baleiras e finalmente, vendo que había negocio, apareceron libros con delicados gravados e todas as páxinas en branco. Estes libros xa non eran só un divertimento dos anos de formación senón que moitos os ían enriquecendo ao longo de toda a vida . Con frecuencia adoitaban ser unha útil demostración do estatus social e intelectual do seu propietario en base á calidade das citas e o prestixio das persoas que contribuían a enriquecer o libro de determinado posuidor. As mensaxes a miúdo referíanse á liberdade de pensamento, ao rigor intelectual, ao espírito de traballo, á honra do dono do libro. Tamén era moi popular achegar bos desexos relativos á saúde e a boa fortuna dos seus propiietarios.
Aquí tedes un par de gravados e esta ligazón para ver o interior dun deles.
Encantounos esta información que atopamos en BibliOdissey

 

facebook1

facebook2

facebook3

Friday, 19 February 2010

Karaoke

Síntoo pero non me podo resistir

…e xa postos

Lectura e moda

A revista Marie Claire, en Australia, uniuse á campaña de promoción da lectura involucrando a artistas e modelos, fotografándoas en escenarios que recreasen un libro que teña un significado especial para elas. A campaña titúlase "The Wonder of Words" en apoio de Australian Literacy and Numeracy Foundation. Unha iniciativa que ogallá no noso país tivese eco. Atopámolo en Trafegando Ronseis

Maeve Dermody, actriz
Cumbres Borrascosas Emily Brontë

moda6

Sarah Blasko, cantante
Desayuno en Tiffany´s Truman Capote

moda5

Asher Keddie, actriz
O gran Gatsby F. Scott Fitzgerald

moda4

Sophie Lowe, actriz
Alicia no país das marabillas. Lewis Carroll

moda3

Frances O'Connor, actriz
O Val das bonecas. Jacqueline Susann

moda2
Vanessa Amorosi, cantante
Comer, rezar, amar. Elizabeth Gilbert

moda1

Thursday, 18 February 2010

Como innovamos coas TICS!!

Está máis que demostrado que o sentido do humor é imprescindible e hai que saber parar e rir de nós mesmos e do que intentamos facer con non pouco esforzo, cantas máis veces mellor. Deixámosvos esta escolma de viñetas de Nestor Alonso con algúns consellos útiles e algunha que outra broma sobre profesorado innovador no uso das TICS. Para que pasedes un intre divertido, que boa falta fai. Atopámolo en Educ@conTics

Wednesday, 17 February 2010

Morte digna

No cabodano de Ramón Sampedro, seguida con gran interese pola prensa, a única asociación sobre Morte Digna existente en Galicia tratou de publicar o texto que achegamos na prensa galega. Foi vetado. Aí van as ideas, rigurosas e necesarias. Para a súa difusión. Vía Biblioafonso

Tamén achegamos un valioso documento do imprescindible Ramón Bayés con precisións legais sobre este delicado e permanentemente relegado tema da eutanasia. O documento foi recollido como parte dos materiais para o proxecto que titulamos Conciliación Vida-Morte. Para acceder a estes materiais na aula virtual do centro, cando apareza a pantalla, premede na opción ENTRAR COMO CONVIDADO.

Monday, 15 February 2010

As catro curtas de animación dos Premios Goya 2010

La dama y la muerte” ven de recibir un Goya á mellor curta de animación. Producida por Kandor Moon y dirixida por Javier Recio, fala do importante e pouco debatido tema do dereito a tomar decisións sobre a propia morte.
Alma de Rodrigo Blaas. Conta a historia dunha nena que atopa unha boneca exactamente igual a ela nunha tenda de xoguetes.
Margarita de Álex Cervantes, a historia da famosa protagonista do poema de Rubén Dario. Fala de nenas que buscan estrelas , ou o que é o mesmo, de como non renunciar aos soños.
Tachaaan de Rafael Cano, Carlos del Olmo y Miguel Ángel Bellot. Xa con varios galardóns en diferentes festivais. Unha historia que ten como escenario un circo dos anos 50.

Sunday, 14 February 2010

Codicia

Cada vez sentímonos máis orgullosos de Pontevedra e o seu urbanismo que hai xa tempo empeza ser recoñecido dentro e fóra de Galicia. Mirade este video tomado dun Informe Semanal en 2006 baixo o novo prisma das actuais circunstancias económicas. Quedaredes estupefactos ante a mentalidade dos especuladores e a desfachatez dos reponsables políticos. Non queremos este modelo tan absolutamente nefasto. Cumpre ter moi claro que debemos a toda costa evitar estes despropósitos, producto de propostas volubles e electoralistas que só potencian a codicia depredadora.

Saturday, 13 February 2010

Desgracia

Onte vimos a versión cinematografica de Desgracia de Coetzee, novela que no seu momento impresionounos vivamente como tamén o fixo onte a maxistral interpretación de John Malkovich do profesor David Lurie, o seu protagonista. Interesante personaxe, este Coetzee. Aínda lembramos algún fragmento da súa novela Esperando aos bárbaros, cando fixemos a nosa antoloxía sobre textos que ilustran as diversas facetas do medo. Eleximos o seu fragmento porque ilustrou maxistralmente o medo ao outro, ao diferente. Para os que non coñecedes a obra de J. M. Coetzee, autor surafricano galardoado co Nobel de Literatura e co prestixioso Booker Prize, dúas breves referencias que atopamos na rede

Como blanco boer e hijo de la cultura de los afrikáans J. M. Coetzee es, sin más, un héroe que toma dictados de la conciencia y lo plantea como mejor lo entiende. Nos cuenta el drama “que ha vivido como testigo y protagonista; que susurra al oído de nuestra sordera cosas ya dichas con vehemencia por el hombre en su trágico trajín: que nuestro mundo agoniza; que nosotros —los habitantes de este entorno— nos odiamos sin remedio; que la palabra nos salva, si acaso, del suicidio..”. Desgracia es un placer al paladar. Letralia.

La narrativa de Coetzee, aun cuando no lo haga expresamente, siempre debe entenderse en el contexto de su origen sudafricano, un país en el que las fronteras entre el poder y "lo otro" no son geográficas sino raciales. Los problemas que plantea -el poder, el miedo al otro, las zonas fronterizas de la conciencia, la moral y la civilización- tienen un origen sudafricano, aunque Coetzee sepa elevarlas, a través de su narrativa, al nivel de las grandes preguntas universales”. Un libro al día.

Monday, 8 February 2010

Burela, un traballo de normalización nuha sociedade multiétnica

Burela é un pobo mariñeiro da costa lucense que ten no seu seo social unha mestura de xentes que chegaron a esta vila atraídos pola prosperidade da súa pesca e pola industria de encrave existente dende a época do desarrollismo. O resultado do traballo normalizador realizado nesta vila recóllese nunha serie de producións audiovisuais que merecen unha ollada como un exemplo de integración e de valorización da lingua propia de Galicia. Oxalá que este exemplo de convivencia pacífica serva de impulso para moitas persoas que deixan a súa pel no quefacer diario de evitar a perda de falantes do galego.

O ultimatum evolutivo

Coidado con cada unha das nosas decisións cotiás. Temos que aprender que tanto os grandes desastres como os logros máis espectaculares son a miúdo nada máis e nada menos que a suma das nosas pequenas accións individuais.

Thursday, 4 February 2010

Lavatory-Lovestory. Historia de amor no lavabo

Simplemente xenial. Esta historia de amor tan tenra da señora que limpa o aseo día tras día sabendo que ela nunca terá unha oportunidade…ou si?
Unha curta do ruso Konstantin Bronzit. Lavatory – Lovestory- que presenta unha fermosa historia de amor nun orixinal escenario: un baño público. Bronzit utiliza un sobrio trazo en negro para contar sen diálogo de ningún tipo esta emotiva e divertida historia de amor e moito suspense en 10 minutos. Animádevos.

Wednesday, 3 February 2010

Fogo na mente

Onte lemos un interesante artigo sobre o difícil que é ser fillo, ou filla dun xenio. Aturar as súas excentricidades, o seu proverbial mal carácter, os seus periodos escuros e a probable falta de horarios regulados tan necesarios na infancia. A adolescencia adoita ser peor. Marca o comezo dunha etapa interminable na que en maior ou menor medida estás destinado a establecer comparacións con alguén a quen case todos verán mellor ca ti.
Ás veces os herdeiros viven unhas vidas cómodas e felices xestionando cuantiosas herdanzas e patrimonios. As veces son quen de contar divertidas anécdotas como a que aparece no artigo anterior onde lemos que Yeats, nun paseo en autobús especialmente creativo durante o que estaba totalmente concentrado, atopou a súa filla que lle acompañou a casa e ao chegar xuntos á porta, o poeta preguntou cortesmente á rapaza a razón da súa “visita”e o nome da persoa coa que quería falar.
Pero non sempre é tan divertido. Moita peor sorte tivo Lucia Joyce, a prometedora e brillante filla de James Joyce que chegou a tomar clases de baile con Isadora Duncan ata que, aos poucos, foi perdendo o contacto coa realidade. Lucia sempre mantivo unha estreita e atormentada relación co seu pai quen de nena arrastrouna por toda Europa, de país en país , sen unha residencia nin unha lingua estable á espera de que a súa obra literaria fora finalmente recoñecida.
Levounos ata o desgarrado personaxe de Lucia Joyce a obra Hurry Down Sunshine (Hacia el amanecer, Seix Barral) onde o seu autor, o escritor e articulista Michael Greensberg, nárranos en primeira persoa o proceso durante o que a súa filla de 15 anos perde a razón.

Spinoza hablaba de la vitalidad como de la virtud más pura, la única virtud. El impulso a persistir, a florecer, decía, es la virtud absoluta, compartida por todos los seres vivos. ¿Que pasa, sin embargo cuando la vitalidad se hace tan poderosa que la virtud de Spinoza se invierte y, en vez de florecer, uno se ve empujado a comerse vivo a sí mismo”…
Hacia el amanecer. M.Greensberg

Related Posts with Thumbnails