Hai xa tempo que as familias e, en xeral, a comunidade educativa do centro, o IES Sánchez Cantón, teñen a súa disposición un servizo de Autopréstamo no vestíbulo do centro. A iniciativa forma parte do desexo de achegar a información ao maior número de persoas posible. Desde a semana pasada o servizo queda ampliado de forma permanente con tres novas seccións:
- Quéreme ben. Conxunto de documentos de ensaio e narrativa sobre a violencia de xénero.
- Desmontando armarios. Bibliografía con información sobre a homosexualidade e para previr e identificar comportamentos homófobos. A escolma de materiais desta sección foi recomendada polo equipo da biblioteca do IES Afonso X O Sabio de Cambre.
- Conciliación. Materiais que forman parte dun traballo de investigación máis amplo realizado por profesorado do centro que titulamos Conciliación Vida-Morte. Trata sobre todo da xestión da perda e o dó.
Para os interesados na bibliografía podedes botar unha ollada nesta ligazóns desde a que podedes acceder aos fondos clasificados por materias.
Para bibliografía comentada de Desmontando armarios.
Para a bibliografía comentada de Conciliación (entrar como convidado).
Para máis materiais sobre o mesmo tema (entrar como convidado)
2 comments:
Moi útil. Tódolos anos pensamos en facer algo deste tipo...e sempre que da no tinteiro. Así que, noraboa por telo feito.
E tan ben feito!!!
O mellor de todo son os expositores, rescatados do desguace, prácticamente xa no contenedor. O de Conciliación é un expositor de farmacia da marca Chico que ten luces e todo.
Post a Comment