Tuesday, 28 September 2010

Man on wire. A arte trasgresora.

Unha mágoa non ter o documental “Man on wire” cando o curso pasado cando falamos de arte en torno ao proxecto Merca Ars Constructor.
Totalmente recomendable este sorprendente documental cun certo sabor nostálxico que nos achega á enigmática figura de Philippe Petit, obsesionado desde os 17 anos en tender un cable entre as Torres Xemelgas do World Trade Center e pasear, saltar e xogar durante máis de media hora a case 500 metros do chan. Poderíamos dicir que toda a súa vida non foi senón unha preparación para ese acto supremo dende que viu o proxecto das torres, aínda sen construír, na consulta dun dentista sendo aínda moi novo. Fermosísimas e sobrecolledoras fotografías as tomadas ese 7 de agosto de 1974,[ dunha abraiante beleza plástica que corta a respiración. No documental non se fala da posterior destrución das torres xemelgas, nin tampouco se explicitan os motivos que levaron a Petit a empregar tantos anos da súa vida para lograr o seu obxectivo. Intuímos que a experiencia cambiou dalgún xeito substancial a súa vida, e a das persoas que lle rodeaban porque a soidade adoita ser o prezo a pagar polas obsesións demasiado absorbentes. A xesta de Petit foi definida como o máis trasgresor delito artístico do s XX. As imaxes que nos legou son, dende logo, imposibles de esquecer.

3422970061_135183e46c

large_philippepetitalanwelnerman-on-wire-12

man%20on%20wire

No comments:

Related Posts with Thumbnails