Parece existir o consenso de que un dos mellores libros disponibles para iPad é The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore de William Joyce.
Aproveitamos tamén a circunstancia de que esta curta opta á proxima convocatoria dos Oscars 2012 na categoría de mellor curtametraxe de ficción.
Tomamos a referencia directamente do blog “Monkey zen”
“Nos libros infantís a historia é unha parte fundamental. Porén, as ilustracións son partes cruciais para atrapar a atención dos nosos pequenos lectores. É neste aspecto no que The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore ten todas as de gañar. O autor do libro é un ilustrador que publicou o seu traballo en varias portadas da revista New Yorker, creou personaxes para Pixar e traballou para empresas como Dreamworks e Disney.
Todo este impresionante currículum vese inmediatamente reflectido no marabilloso que é navegar na aplicación e a impresionante naturalidade con que o lector pode interactuar coa obra. Como se pode ver no video, cada pasaxe do libro esconde marabillosas sorpresas á espera de ser exploradas, todas cuidadosamente musicalizadas con doces melodías instrumentais. Ata opcións un tanto máis “simples” como o poder apagar a voz do narrador, ábrennos a posibilidade de poder converternos nós mesmos nos guías da aventura, mentres lemos o libro aos nosos fillos antes de durmir.”
The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore iPad App Trailer from Moonbot Studios on Vimeo.
E aquí podedes gozar da curta completa
No comments:
Post a Comment