Tuesday, 14 February 2012

Homenaxe ás cantareiras, regueifeiros e rapeiros

A nosa Biblioteca segue a ser o espazo máis versátil e acolledor do ies. Acolle os libros, os ordenadores... e todo tipo de actividades. Desde obradoiros de gravado a clubes de lectura. Onte tamén acolleu as cancións dos animosos e alegres alumnos plurilingües de 4º ESO A. Quixeron homenaxear as cantareiras e regueifeiros (tamén os rapeiros) que usan a nosa lingua. Por iso se puxeron os panos e as gorras na cabeza e cantaron e moveron o esquelete... Tradición e modernidade. E tamén quixeron mostrar que saber idiomas non ocupa lugar e dedicáronlle aos seus profes de francés Mar e Jeremy unha canción.

Aí vai a francesa:

 

E a galega:

E tamén fotos do acto. Premede nas imaxes para velas ampliadas e DEIXAR COMENTARIOS.

 

bibliocanto2

bibliocanto1 bibliocanto3

O alumnado agradeceu a dona Charo o uso da biblioteca tan ben acondicionada para este acto. O profesor de galego agradeceu ao alumnado o seu ánimo, a súa alegría, o seu traballo diario. Por moito que se diga por aí, con rapazas e rapaces coma estes, ser profesor no Sánchez Cantón segue a ser a mellor profesión posible.

Dominus Angelus

No comments:

Related Posts with Thumbnails