Sunday 22 April 2007

COCIÑA COOLtural. Entrega de materiais

Aproveitando a celebración do Día do Libro o equipo de profesorado da biblioteca vai proceder á entrega de parte dos materiais elaborados en torno ao proxecto COCIÑA COOLtural a todos os participantes neste proxecto.
Un dos nosos obxectivos é a elaboración, polo menos unha vez por curso, dun "libro" de produción propia. Un dos libros do presente curso é este receitario colectivo que inclúe, entre outros materiais, a elaboración de todos os pratos presentados á Mostra Gastronómica celebrada en decembro xunto ás correspondentes lendas, lembranzas, vivencias persoais etc asociadas a estes pratos.
O receitario vai acompañado dun CD coa seguinte documentación:

  • PRESENTACIÓN COCIÑA COOLTURAL que inclúe receitas, vivencias e fotos de todos os pratos. ESTAMOS SEGUROS DE QUE VOS GUSTARÁ.
  • TCA.- Documento elaborado polo equipo da biblioteca con información sobre os trastornos da conduta alimentaria máis frecuentes e a súa relación coa autoestima, a adolescencia e o culto á imaxe. Estes materiais están supervisados pola Dra. Carmen Rodríguez del Toro, xefa do Departamento de Psiquiatría do Hospital Meixoeiro De Vigo.
  • EU COMO: Pequeno proxecto documental sobre hábitos de alimentación saudable, publicidade, desenvolvemento sostible y algunhas reflexións sobre o feito cultural da alimentación.
  • COMO COMEN OS DEMAIS?: Información sobre hábitos alimenticios noutros países e culturas.
  • SABORES DE CINE: Relación de películas nas que a comida ten un protagonismo esencial.

Proximamente publicaremos na web do centro o resto de materiais elaborados polos Departamentos que participaron no proxecto así como bibliografía e ligazóns que consideramos de interese.

Esperamos que esta documentación sexa de utilidade para vós e as vosas familias.
(No acto de entrega de materiais procederemos ao sorteo de dúas memoria USB entre os/as organizadores e os participantes na Mostra gastronómica.)

Grazas a todas as persoas que colaboraron neste proxecto

2 comments:

Anonymous said...

a mostra gastronomica pareceme unha actividade moi interesante xa que grazas a ela podemos degustar os pratos de outros paises.Ainda que tamen cabe destacar que coma sempre toda a comida fica polo chan ao rematar a degustacion, isto pareceme unha falta de educacion para as señoras da limpeza que logon teñen que ir limpar todo.
bikiños dunha alumna do sanchez canton e por certo a ver se subimos as cadeiras ao rematar as clases que non nos custa tanto!!!!!!!!!!!!

MESTURAS said...

Tes razón. Este curso había un grupo de alumnado responsable da limpar cando rematou a actividade. Tratamos de que as cousas quedaran máis ou mneos ben, pero todo é mellorable.Grazas polo teu comentario

Related Posts with Thumbnails