Wednesday 25 April 2007

ESES PACIENTES MESTRES XAPONESES...

Se premedes aquí, podedes ver con detalle a gran onda, ameazante e escumosa, a piques de destruír coa súa forza as pequenas embarcacións. Esta é TSUNAMI, a obra máis coñecida do famoso pintor e gravador xaponés Hokusai 1760-1840, que por certo cuñou o termo manga xa en 1814, nada menos. Manga quere dicir bosquexo, debuxo apresurado. Aquí tendes un pequeno exemplo dun dos manga de Hokusai que mostra a súa pericia para captar os movementos do corpo. Aos 89 morreu "o vello enfadado coa pintura", como el mesmo se definía, sen satisfacer a procura da última verdade sobre esta arte. Quince anos antes escribira:
.
"[...] á idade de cinco anos tiña a teima de facer trazos das cousas. Á idade de 50 producira un gran número de debuxos, con todo, ningún tiña un verdadeiro mérito ata a idade de 70 anos. Aos 73 finalmente aprendín algo sobre a calidade verdadeira das cousas, paxaros, animais, insectos, peixes, as herbas ou as árbores. Polo tanto á idade de 80 anos faría un certo progreso, aos 90 penetraría o significado máis profundo das cousas, aos 100 faría realmente marabillas e aos 110, cada punto, cada liña, posuirá vida propia [...]"
.
Nestes tempos de présas e esixencias de resultados inmediatos, non está mal un pouco da sabia filosofía de Hokusai. Esta é unha das mellores ligazóns que atopamos na rede para que disfrutedes da súa obra. Os seus gravados foron importados a París a mediados do século XIX. Entre os seus admiradores podemos citar aos impresionistas Degas, Monet e Toulousse-Lautrec.
Tivo un magnífico seguidor no seu discípulo Hiroshige
..

3 comments:

O Segrel do Penedo said...

Que marabilla!! Como sigades así non vou facer máis que poñer enlaces á vosa bitácora en “as nosas recomendacións”. Acabamos de comezar e levades dous de tres. Por certo, moita sorte no I Premio Espiral. Unha aperta.

Fantômas said...

Saludos

Que buenas imagenes...Siempre me han gustado este tipo de pinturas.

MESTURAS said...

Gracias fantomas. Nos hace mucha ilusión tu comentario desde Chile. saludos desde Pontevedra, Galicia

Related Posts with Thumbnails