Friday 27 April 2007

LEMPICKAMANÍA

Do 18 de abril ao 15 de xullo vai ter lugar na Fundación Caixa Galicia en Vigo unha exposición da obra de TAMARA DE LEMPICKA. (Varsovia,1898 – Cuernavaca, 1980)
Dado que un grupo de alumnos e alumnas deste centro van visitar esta mostra podemos intentar mergullarnos no mundo de Tamara para gozar mellor da súa obra.
O ABC.es comeza a
recensión desta exposición dicindo da pintora: “Aristócrata, excéntrica, liberal, independente, excesiva, exuberante, bisexual, diletante, fría, sofisticada, cegadora, narcisista, moderna, autoritaria, esnob, insolente, enxeñosa, hedonista, desapiadada, elegante, voraz, imperiosa, cosmopolita, arrogante, depresiva, intelixente, exótica, perversa, divertida, femme fatale... Inimitable. A Greta Garbo do Art Déco. Así era Tamara de Lempicka, unha personalidade tan arrasadora que eclipsou á artista”.
Pode que moitos destes adxectivos sexan froito da lenda sobre a súa persoa pero do que non queda dúbida é de que a súa vida está marcada polos acontecementos da época en que lle tocou vivir: a revolución bolchevique cambia a súa desafogada existencia e ten que fuxir da Rusia revolucionaria. En París supera penurias económicas e convértese nunha coñecida artista ao tempo que se rodea de luxo e glamour e non deixa de escandalizar ás clases acomodadas coas que se relacionaba.
Manterá sempre unha posición anticomunista que dalgún xeito reflicte nos seus cadros onde os personaxes retratados amosan unha actitude elitista ante o mundo, unha certa mirada altiva.
Actualmente abondan os recoñecementos á súa obra pero non deixa de ser unha artista controvertida que é acusada de practicar unha arte puramente decorativa, decadente, de ter soidade do perdido esplendor da burguesía da época pero de non posuír a enerxía das vangardas (Pincha
aquí para ampliar esta crítica). Desde outras perspectivas afírmase que foi inxustamente esquecida ata a década dos noventa e que a súas obras poden ser comparadas coas de dous grandes do século XX, Léger e Picasso.
O certo é que ser muller e aparecer nos libros de arte non é doado.

......


Que poden querer dicir os que tachan a súa pintura de arte decorativa?

Que función debe ter a arte?

En que aspectos nos podemos fixar para avaliar a produción artística de Lempicka?

Aporta algo a súa obra desde unha perspectiva feminista?
.
.
Interesante galería e foro sobre Lempicka fecendo clic aquí

42 comments:

Anonymous said...

Todo arte debe trasmitir algo,ese algo que o autor da obra plasma nela,os seus sentimentos,pensamentos ou simplemente facerte cavilar e atoparlle ou non sentido.Tamén ten un valor cultural,vínculado a historia de cada época,ben sexa un cadro,unha escultura,unha fotografía,...
Para saber valorar unha obra eu penso que o primeiro que se debe facer é analizar a artista,neste caso cunha personalidade moi transgresora,é unha persoa independente,liberal,contradictoria,anticomunista,sofisticada,narcisista,autiritaria,esnob,insolente,depresiva,intelixente,cosmopolita,arrogante,bisexual,cunha sexualidade desvordante,...Digamos que unha ´revolucionaria´na súa época,alguén atrevido,sen medo ó ser rechazada pola sociedade na que se desenvolve,mostrado mediante as súas case 500 obras,o que pensaba e o que era,como no famoso ´Autoretrato en el Bugatti´.Tamé hay que apuntar que é unha época complicada debido a que se producen moitos cambios, e é algo arriscado mostar todo o que ela se atreve a exteriorizar.
Baixo o meu punto de vista o arte é unha fuga mediante a cal podemos expresar os nosos sentimentos,pensamentos,...É dicir,que os que tachan a isto como arte,é din simplemente que é arte decorativo,entenden a palabra arte como algo sen alma, sen personalidade,sen sentimento,senón que só serve para adorna.A súa obra aporta algo baixo unha perspectiva femminista porque foi unha das precursoras do árt déco´e pintaba sen complexos,penso que foi unha auténtica revolucionaria,que serviu de inspiracion para moitos artista posteriores.

paula said...

a arte podese representar de diversas maneiras xa que dependendo do estado de animo ou da maneira que se quera representar.se os sentimentos son moi debiles ou de tristeza a pintura vai a ser tachada ou cunhas cores apagadas facendo símbolo de pena.A arte como xa dixen pode ter varias funcions dependendo da persoa que a reflicte xa que por exemplo un home e unha muller non retratan os mesmos sentimentos.A producción artística de Tamara de Lempicka reflicto moito o glamour e reflicte as clases altas porque as suas obras teñen unhas vestimentas de luxo.Nos cuadros que se ven aqui podense observar que son todas mulleres e non ai ningun home xa que eso pode verse referido a que as mulleres teñeno mais complicado para aparecer nos libros de arte

Anonymous said...

Os que din que a súa arte non é decorativa, dalgún xeito queren dicir que non era a propia para a súa época, xa que a súa representación era distinta,cunhas formas e cores diferentes ás que se viron anteriormente.
O arte ten moitas funcións, pero a máis impotante é a de interpretar a realidade e expresar os sentimentos dos pintores.
A obra de Tamara de Lempicka é unha hombra moi feminista e nos podemos dicir que tamñen é un arte moi expresiva. A mín gústame.
Como xa dixen, claro que si que aporta unha perspetiva feminista, xa que os seus cadros representan, maioritariamente, a mulleres.


VERÓNICA RODRÍGUEZ COUTO. 1ºBach-D, Nº22

Anonymous said...

Zaida Pérez Outede nº17 1º D Bach

Eu penso que os que tachan a súa
pintura de arte decorativa , queren dicir que Tamara de Lempicka non pintaba con sentimento nun con paixón , senón que a súa pintura so servia para decorar .
A arte debe de transmitir sentimentos , emocións , ...pero ademais destas cousas a arte tamén debe de ensinar o que acontece na época na que vive o autor .
Nas obras de Tamara de Lempicka pódese ver que é unha muller feminista , liberal , revolucionaria ,... xa que pinta as mulleres dunha maneira moito mas moderna , glamurosa e rompedora que calquera pintor da súa época , xa que para a época que estaba Tamara de Lempicka pintaba dende outra perspectiva a muller a pesar do que dixera a xente de súa clase

Anonymous said...

Na miña opinion , aqueles que tachaban a pintura de Tamara de Lempicka de arte decorativa , facíano porque os seus retratos de persoas famosas desentoaban cos demais autores que se adicaban máis á pintura como forma de expresar sentimentos, por iso os seus cadros eran considerados decorativos , xa que a principal funcion destes era decorar as casas dos donos(aínda que máis tarde se descubrise neles outros factores que fixeron destacar á pintora)
A arte debe ter unha funcion de expresividade,na que o autor mostre os seus sentimentos e a mesma vez consiga transmitilos ós demais por medio dos cadros (no caso da pintura)esculturas,música,poema...
Nas súas obras amósase como unha muller dependente , libre ,ambigua ... nos seus retratos representa personas que parecen distantes , cunha mirada altiva que transmite frialdad.
Tamara de Lempicka representa sempre a muller dende unha postura feminista , xa que nos retratos as mulleres aparecen soas , cun aire de superioridade , cousa que non era habitual nos anos 30 , e moito menos ,se eran a mulleres da alta sociedade.

ROSARIO RODRÍGUEZ PAREDES
Nº24 1ºBACH -D

Anonymous said...

Eloy Gómez De Membrillera F-V
1ºBACH-A Nº 7

Que la obra de Tamara de Lempicka no tiene suficiente setimiento o esperincia para estar en una galeria de arte.
El arte tine que tener una funcion explicativa, es decir que explique los sentimientos del autor en el momento de su creacion.
A fijarnos en la producion de artística de Lempicka es que es una mujer feminista.
A mi me parece que no ya que me parece toda su obra muy feminista para mi gusto

Anonymous said...

Na miña opinión, táchase este tipo de pintura como arte decorativa porque todos nós acostumamos a ver como pintura decorativa outro tipo de obras como bodegóns, retratos, debuxos de paisaxes...pero non a do estilo de Tamara de Lempicka.
A arte debe ter a función de gustar, de dar a oportunidade de ser apreciada e de axeitarse os tempos nos que vivimos.
Así, a obra de esta pintora é chamativa,significante,
enxenosa ,diferente e cun caracter moi feminista.


Amalia Bouzas 1ªbach.D

Anonymous said...

As persoas que tachan a pintura de Tamara de Lempicka de arte decorativa, queren dicir que é un arte na que a sensación que dan é de soidade, frialdade, que só serve para decorar.
Arte como pintura creo que ten como función a de servir para os pintores a forma de expresar os seus sentimentos, as suas emocións, ...
Nas formas de dibuxar as persoas e pintalas,na expresión que transmiten, ...
As obras de Tamara deLempicka estan feitas desde unha perspectiva feminista pois nos retratos aparecen só mulleres.

Anonymous said...

Os que din que a sua pintura é decorativa pensan que as suas obras non son para expoñer nun museo ou nuha galeria, senon que son para colgar na parede dunha casa

O arte debe ter duas funcions:unha a de expresar sentimentos como o amor ou o odio,ou a de facer unha critica sobre algo que non che gusta

Os aspectos en que nos podemos fixar csn que sempre pinta mulleres,que as persoas que pinta teñen unha expresion de superioridade

Que as mulleres non só serven para facer un tipo de cousas senon que poden ser mellores que os homes e asi o reflexa nos cadros

Anonymous said...

o comentario anterio eé de ALEX SOLLA 1BACH D

Anonymous said...

Cando falamos dun arte decorativo, estamos a falar dun arte que non refrexa sentimentos, e que so é unha representacion de algo, sen nada máis que ese algo. Un autor cando fai a sua obra non so representa unha persoa ou monumento, senon tamen un sentimento. Os que a tachan de decorativa queren decir que nos seus cadros non quere expresar nada, que só esta presente o caracter decorativo e non o sentimental.

Desde o meu punto de vista, a arte debe ter un carácter decorativo e a sua vez expresivo. O autor debe facer reflexionar aos demais sobre unha sociedade, un sentimento,.. e a súa vez, a arte pode ser un camiño hacia a decoración.

Podemos interpretar a súa arte como unha arte feminista, na que a súa intencion é amosarlle a sociedade que a muller ten que ser libre (de ahi que saian espidas e só mulleres) e a sua vez que son "superiores" pola sua mirada altiva (horgullosa), este último aspecto pareceme un fallo na súa produccion se o estou a interpretar correctamente.

A busqueda dunha muller libre e superior como comentei anteriormente.

Anonymous said...

As persoas que tachan a sua pintura como arte decorativa son aquelas que cren que a súa obra non expresa nada, son simplemente trazos de pincel sen sentido ideal para colgar nuns servicios.
A arte na miña opinión ten que ter a capacidade de elevar ao ser a outra dimensión, a dimensión do autor, unha dimensión onde un obxecto que semella vulgar se converta no punto clave para coñecer o significado do cadro.
Para avaliar a súa obra hai que fixarse nas posturas que toman as suas mulleres nos cadros e o bo uso das cores e tamen na forma de cada persoaxe.
Creo que todo ten que ver coa muller, a pon como centro de atención, como querendo dicir que non se lle atende tanto como se debería.

Anonymous said...

AINARA REGUERA MOURIÑO 1ºBACH-D
na miña opinion penso que se pode tachar a sua pintura de simple obxecto de decoracion porque poden non ser cadros nos que se representen persoaxes mitoloxicos ou historicos ós que se lle poda atribuir un caracter culto ou de arte que teña unha repercusion historica,penso que a arte é un termino moi ambiguo e que cada un pode utilizar a palabra arte para definir terminos que un mesmo desexe,a arte pode ser algo moi relativo dependendo da persoa,para min unha prenda de roupa pode ser arte como para outra a arte so esta nos cadros e esculturas,arte pode ser un simple cartel que vexamos nunha parede...arte é o que ti consideres.Para avaliar a obra de lempicka penso que son moi resaltables as cores e a viveza das suas pinturas.Penso que si que aporta moito dende unha postura feminista xa que realza moitisimo a fermosura da muller á vez que a fortaleza que moitas teñen e tamen da a entender que aspectos da vida normalmente solo realizados por homes poden ser perfectamente realizados tamen por mulleres.

Anonymous said...

ARÁNZAZU PÉREZ ACUÑA N°16 1°BACH D

Eu creo que os que din que as obras de Tamara de Lempicka só serven para decorar fano porque cren que as suas pinturas non expresan nada ou,quizais porque pensan que o que expresan non é a situación do momento da creación.

Penso que cada artista debe atopar o sentido da arte para si mesmo,pois cada quen debe ter claro que é o que quere plasmar na súa creción.Quizais queira expresar sentimentos ou se cadra beleza ou tan só queira utilizar a arte como distracción persoal ou simplemente con finalidade decorativa.Aínda que eu creo que tamén así expresaría sentimentos persoais porque parte da arte é poder expresar con palabras os sentimentos e as cousas nas que creemos ou polas que loitamos.

Creo que para avaliar a obra dunha artista deberiamos coñecer ben sobre a arte do momento,en que se basaban as pinturas da data etc...
Pero polo que podo observar: Tamara de Lempicka era unha muller que baseaba a súa obra na modernidade e na sofisticación da muller de clase social elevada aínda que tamen facía cadros no que aparecían homes,pero era a muller a que protagonizaba,en xeral,a obra desta artista.

Pola direción na que inspiraba os seus cadros Tamara de Lempicka tentaba elevar a imaxe da muller da época facendoa protagonista da parte maioritaria das súas pinturas.A súa actitude desafiante,arrogante e tamén revolucionaria faina,se cadra,inspiración de artistas posteriores a ela.

Anonymous said...

Na miña opinión,Tamara de Lempicka era unha artista controvertida,mais non polas criticas as súas obras,senón por levar a contraria a un sistema que,no seu tempo,tachaba de irreverente ou de indecente actitudes que ela tiña como a súa independencia,arrogancia,etc...sendo muller,cousas que nese tempo nunha muller eran inconcebibles.

Falando no plano da súa obra,Tamara amósase,para min nunha primeira impresion,como unha artista que tenta representar o corpo humano(sobre todo o da muller)mediante unha maximización dos seus rasgos caracteristicos,como poden ser os beizos,os peitos,etc...amosase quizáis,como un miguel anxo contemporáneo na pintura.
Pálpase tamén na súa pintura a ansia por igualar a muller ó home,mais sen perder os seus rasgos femininos que a caracterizan.

Creo que esto é o mais que podo dicir sen meter a pata sobre Tamara de Lempicka,ata que vaiamos á exposición o próximo luns.

Saúdos.

Daniel Sánchez Estévez 1º BACH A nº15

Anonymous said...

Aqueles que tachan a pintura de Tamara Lempicka como arte decorativo ,pensan que as súas obras non transmiten ningún tipo de sentimento, so serven para decorar.

Creo que a arte debe ter moitas funcións pero para que un pintor ...chegue a ser importante,recoñecido debe ser capaz de transmitir o seu estado de ánimo,os seus sentimentos nas súas obras algo que creo que non é nada doado de conseguir.

Na producción de Tamara Lempicka destacaría que mostra unha muller atrevida, sen medos, pero tamén pertencente a unha clase social elevada, xa que aparece cunha serie de luxos que non estaban o alcance de tódalas mulleres nesa época.

As súas obras aportan unha perspectiva feminista xa que gracias a ela moitas outras pintoras seguiron o seu camiño,xa que era algo moi complexo ser muller e aparecer en libros de arte.Tamén creo que aportan unha perspectiva feminista xa que polo menos as obras que hai nesta páxina, en tódalas aparecen representadas mulleres,persoalmente gústanme as súas obras sobre todo a muller que aparece nun coche.


ANDREA CARAMÉS SAÁ Nº3 1ºBACH-D

Anonymous said...

CarOlIna GaRcIA FernANEz 1ºbach D

Os que tachan a pintura de tamara lempicka como arte decorativo é simplemente porque pensan q estes cadros non poden chegar a transmitir o que a pintora intentanos transmitir os demais.


O arte eu creo que a súa única función é transmitir a persoa que se encontra cun cadro o que o pintor esta imaxinando a vez que o esta debuxando xa q se transmite é cando verdadeiramente disfrutase a obra xa que unha imaxe vale máis que mil palabras...


Tamara fai uns cadros nos que pon moita cor e neles podese apreciar perfectamente a súa forma de pensar,de ver as cousas....notase que é unha muller decidida,que pertence a unha clase alta xa que pon as mulleres moi glamurosas e con certos luxos...apreciase que é atrevida por iso pon as caras das mulleres con superioridade...


Pódese apreciar a clara perspectiva feminista xa q nos cadros que nos mostran nesta paxina son todos de mulleres...apareceu nos libros de arte sendo muller e iso é algo que danos a entender que intenta loitar pola igualdade....

Anonymous said...

eu penso que toda aquela pintura debe ter algo de arte reflesada da una forma ou otra segun os gustos do pintor, porque o pintor en todalas suas obra quere reflexar algo en concreto que a el lle chama a tencion
a funcion da arte é expresar os sentimentos do autor, e reflectir a sua conducta asi como os estacdos de animo que no momento en que esta a pintar e a situaccion que rodea o seu entorno
nas suas pinturas reflicte a a riqueza dalgunhas clases sociais con mulleres ben vestidas e noutras pinturas reflexa as mulleres co seu corpo o desnudo mostrando como eran as mulleres de aquela epoca
a sua obra basase na belleza de muller e que pon a muller como algo puro
Silvia Mariño Moledo 1ªbachiller D

Anonymous said...

-A consideración da obra de Tamara de Lempicka coma unha arte de carácter decorativo feita por parte dalgúns críticos pode vir dada pola expresión dos seus cadros, afastados da arte da vangarda que comezaba a xurdir por aquela época, ou polo contido dos seus cadros, de tons escuros e formas máis ben xeométricas, e mesmo polo pensamento da autora, que tenta buscar unha arte propia, sen considerar nin seguir os cánones que a época súa marcaba no apartado artístico, e sempre facendo constar un gran criticismo e forte personalidade nas súas obras.
-Para min, a arte debe de ser un medio de expresión e manifestación da mensaxe que o artista nos quere transmitir, sempre facendo constar, por enriba de tódolos movementos artísticos modernos imperantes na época, o pensamento do autor. Con isto quero dicir que a función da arte non ten por qué ser só decorativa ou acorde coa sociedade, senón que debe romper tódalas normas e facerse un medio de expresión dos sentimentos do autor.
-Para avaliala teríamos que centrarnos no que ela quérenos transmitir ó través da súa pintura, e analizar a súa produción detidamente. Na miña opinión, os sentimentos da autora nos cadros son a exaltación do sentimento feminista, é dicir, o levantamento da voz na defensa da muller, que nola presenta coma un ser inferior, marxinado na sociedade e coma unha propiedade do home, un tema moi compricado, novidoso e difícil de tratar na sociedade que lle tocou vivir, unha sociedade profundamente machista.
-Si, bastante, ela tenta pór de manifesto na súa produción a marxinalidade da muller na época, como ben comentei antes, e fai unhas pinturas nas que a muller aparece profundamente marcada polo machismo, de xeito que os seus cadros provocaron unha forte impresión no seu momento.

EDUARDO B. MARTÍNEZ 1º Bacharelato "A"

Anonymous said...

J.rAmOn Pazos mendez nº12 1ºBacharelato "A"

Eu non estou dacordo con aqeueles que tachan a obra de TAmara de Lempicka de decorativa, porque esta moi klaro k xpresa os seus pensamentos e reflicte os seus sentimentos na sua obra...por exemplo:a incrfomidade co tempo no que lle tokou vivir,rebeldia, e sobre todo un desexo de igualar é dicir darlle a msma importancia ao home ca muller.

Respecto da súa arte...para o que lle guste admirar pinturas moi ben, eu komo non controlo diso limitome a comntar que reflicte moi ben a eminidade das mulleres e os seus trazos estan bastante logrados.

A funcion da arte pode ser moi variada é depende moito do autor...algúns limitanse a reproducir a realidade, outros a plasma-los seus sentimentos e pensamentos, outros usano komo medio para evadirse...a funcion é moi relativa.

Avalia-la súa arte non é doado porque ao mellor detalles pequenos que a nos pasannos desapercibidos para ela teñen unha importancia vital.Segundo a miña opinion o que quere transmitir maiormente e a disconformidade que ela sente nesa época chea de privacions e censura.

Aporta aporta...deixanos ver que nesa época a muller estaba vista como un ser inferior supeditada ao home e así no-lo amosa nas súas pinturas.

Anonymous said...

Ruth Pensado Maquieira Nº15 1ºBacharelato D
Os que din que a obre de Tamara é decorativa son aqueles que vivian na mesma época de Tamara é que so coñecian as obras de arte mais coñecidas e que tiñan un estilo completammente distinto ó que Tamara utilizaba nas suas obras o que causou que moitas persoas dixesen que a sua obra so era decorativa.A funcion da arte na miña opinión é a de reresentar os sentimentos que sinte o intor naquel momento ou tamen reflexar a situacion que hai no mundo durante ese momento ou tamen pode representar un especie de saida cara un muno mellor para poder evadirse da realidade social e do propio autor.
Para avaliar a obra artistica de Lempicka debemos de ver o resto das obras da sua epoca e asi poder comprobar porque a sua obra foi tan trangesora para a sua epoca e ver como estaba a situacion social daqueles anos.
A sua obra dese unha perspectiva femnista aporta unha ision da muller mais moderna da que ata aquel momento se representaba noutars obras xa que as mulleres que debuxa fan cousa que naquela epoca so facian algunhas mulleres xa que eran so cousa de homes habitualmente como fuamr ou conducir automobiles e tamen representa mulleres con roupa distinta a habitual

Anonymous said...

Os que califican a súa arte de decorativa refírense a que as súas obras non se poden calificar como calquera outra obra de arte, poden insinuar que non é arte de calidade pero chama a atención e pode gustar.
A arte debe entreter, educar, representar, embellecer, mostrar, etc.,pode servir como modelo de sociedade.
Para avaliar a súa obra podémonos fixar na expresión, na cor, nos personaxes, nas situacións que mostra......e sobre todo o que cremos que a autora pretende transmitir.
Dende unha perspeciva feminista busca a igualdade entre homes e mulleres e mostra a unha muller diferente, mostra á muller como algo máis, mostraa sen pudor, unha muller que non lle envexa nada aos homes.

ANA VIDAL MARTÍNEZ
1º BACHARELATO D
Nº 31

Anonymous said...

Nuria Taboada Outeda 1ºbaCh.D nº 27

Dende a miña opinión, as persoas que tachan as pinturas de Tamara de Lempika pódese deber a que non lle encontran ningún sentido as súas obras, e que solo pensan que intenta representar unha realidade que todos vemos. Coa palabra "sentido" refírome a algo común e habitual, como se representan en outras diferentes obras. Tamén pode ser que tachen as suas obras porque quizás, míranas como obras moi feministas.

A función do arte debe ser de expresividade, ante todo. O arte debe transmitir ó receptor a expresividade clara e os sentimentos do autor. Os cadros de Tamara de Lempika transmítenos as suas ideas e sentimentos con bastante claridade. As suas cores son sempre vivos e resaltantes, o que fan que nos fixemos mais nas suas obras o que está a transmitirnos.

Penso que a súa obra aporta algo dende a perspectiva feminista, xa que nos seus cadros só se observa a figura da muller. Polo que se observa, Tamara de Lempika pintaba sen complexos e sen importarlle o que os demais pensaran. Pintaba sempre a partir dos seus sentimentos e expresandoos nas suas obras. Sen duda alguna foi unha auténtica revolucionaria, o que creo que serviu de inspiración para outras mulleres da mesma época.

Anonymous said...

Uxía Vázquez Dios 1ºBach-D Nº29

Os que consideran que a obra de Tamara de Lempicka é puramente decorativa son as persoas que vivan no seu tempo, xa que con toda a represion e o machismo da época non se podia entender a arte dunha muller feminista e desenfadada a cal non lle daba pudor dicir o que pensaba e reflexalo nas súas obras dunha forma exótica e arrogante.
Na miña opinion non estou dacordo con que Tamara De Lempicka era una artista de cadros de decoracion posto que a súa obra reflicte o seu modo de pensar, a súa opinion cara a sociedade da súa época...

O arte dende o meu punto de vista non ten simplemente un papel decorativo pese que moitas veces sexa considerado dese modo;O arte e algo máis que iso pódese de dicir que é o diario do artista que o fai posto que o autor intenta expresar algo,as suas emocions,pensamentos,críticas...o arte pode dicirnos moito da forma de ser do autor e da forma que ve a vida.

A obra de Tamara de Lempicka é unha obra modernista(para a súa época),exótica e cun alto grado de feminismo e glamour.Na súa obra mostra unha muller segura de si mesma sen complexos ,egocéntrica e arrogante; por estes motivos dician que a súa obra era decorativa, os homes da época non podian asumir a igualdade existente entre sexos, e a obra de Lempicka reflicte unha clara superioridade feminina.

Anonymous said...

Victor Couto nº1 1-BAC A

·Os que tachan a sua pintura de decorativa posiblemente sexan persoas que ven eses cadros da mesma maneira que verian un cadro de calquera obxeto inerte ou dunha paisaxe sen entender o que queren expresar.

·Ademais da funcion puramente decorativa, o arte tamen serve como instrumento do autor para facer chegar ás persoas que miren os seus cadros os sentimentos, emocions, ou a sua forma de pensar.

·Na sua predileccion pola representación de mulleres cunha actitude etilista ante o mundo, reflexo do seu pensamento.

·Sendo muller e pintando mulleres intenta sobresair nun mundo de homes coma nunca se vira.

Anonymous said...

Los que consideran que su arte es meramente decorativa puede ser que lo opinen por el hecho de que no son obras con algún tipo de "sentimiento" o que no tienen un tema detrás, es decir, son cuadros en los que se representa a mujeres, en algunos casos, de clase alta,como poniendolas en un plano superior, o desnudas (dada su condición sexual)clasificando a la artista de feminista o hedonista.


El arte, a mi entender, es una forma creativa de expresar ideas, o también de plasmar algo que al autor le parezca bonito, que viene a ser como plasmar una idea también.

Las obras de Lempicka, son obras que no estan dentro de los cánones de su tiempo, son obras en las que representa la riqueza, la clase alta y el placer, digamos desde su punto de vista, por esto se decía que era snob y hedonista. Ya en su época la igualdad de sexo era algo raro, y ella ponía a la mujer como superior al hombre, lo que era como desafiar a la sociedad, mostrando claras tendencias feministas.

Anonymous said...

jorge couto nº5 1ºd

las personas que designan el arte de tamara de lempika como solamente decorativa se basan en q su obra no tiene ningun tipo de reivindicaion social, de sentimiento o cosas por el estilo, es decir q sus cuadros estan echos solo para decorar.

a mi entender, y cabe reseñar que no me gusta el arte pictorica, pienso que un buen cuadro debe de mostrar algo de sentimiento, algo q al verlo pienses en lo que el autor pensó al dibujarlo, se puede decir que un buen cuadro tiene que trasmitir algo.
para mi la obra de tamara de lempika no es solamente decorativa, ya que todos los adjetivos q la describen quieras que no influyen en la forma de ser de las personas y por tanto en la forma de actuar de las mismas, y al mismo tiempo una postura feminista del mundo le coacciona. incoscientemente o no, a refljarlo en sus obras.

Anonymous said...

Jorge Garcia 1ºA

-Pienso que la intencion de considerar la obra de Tamara de Lempika como una mera obra decorativa por parte de algunos criticos viene dada por el contenido de sus cuadros y su expresion, que se alejaba de lo que en aquella epoca se esperaba.

-Que funcion debe tener el arte?
Pienso que el arte es una actividad humana mediante la cual se manifiesta una visión personal sobre lo real o imaginado y que deberia ayudarnos a obtener distintos `puntos de vista sobre el mundo q nos rodea.

-Creo que desde un punto de vista feminista su obra ayuda a la liveracion de la mujer y empuja a que esta a que se exprese libremente.

Anonymous said...

:P

Anonymous said...

Eu creo que a xente que tacha a arte de Tamara como aimplemente decorativa refirese a que Tamara segun eles non consegue implicar aos que ven os cadros dela co propio cadro, que non amosan nada, que non reflicten ben o que ela intenta transmitir, que simplemente serven como decoracion.
A arte como tal é algo impresionante que nos permite coñecer o pasado e que é algo que perdura e perdurara sempre.
Creo que para avaliar as suas obras debemos basarnos sempre na base de que é unha muler, e ó longo da historia demostrouse que ser muller e destacar non ían collidos da man. Tamén hai que destacar a fama que chegaron a adquirir os seus cadros , o que lle aporta mais merito, convertendose nun icono do feminismo.
Si que aporta algo ao movemento feminista, iso esta claro,posto que éun icono dos logros que a base de esforzo se pode chegtar a adquirir aindo sendo considerada un femme fatale....

Anonymous said...

Los que tachan su pintura de arte decorativa es porque les gusta y la consideran bonita.
El arte aparte de ser bonita tambien tiene que ser decorativa y mostrar algo, enseñarnos algo.
Para evaluar la pintura de Tamara de Lempicka nos tenemos que fijar en la época que vivió y todo lo que tubo que pasar.
Ensalza la figura de la mujer y la muestra desde otro punto de vista, el que le otorga ser una femme fatale....

Anonymous said...

creo que quere dicir que as suas obras so serven para decorar,é un obxeto mais para adornar a casa, pero que non ten ningun valor especial porque non transmite nada comparando coas obras doutros artistas{ex:o sentimento,a sociedade na que vive...}
a arte creo que é unha expresión da actividade humana mediante a cal se manifesta unha visión persoal sobre o real ou imaxinado. unha obra de arte é un medio que o artista nos transmite sentimentos e emocions;a arte tamen ten valores morais{beleza,bondade e xustiza};unha obra de arte tamen é un fonte no que podemos ver como son a época e a sociedade na que vive o artista.
para avaliar as suas obras primeiro debemos saber como é a sociedade na que vive e tamen a personalideade de Tamara de Lempicka.notase que é moi feminista porque na maioria das suas obras as mulleres son protagonistas;o que quere dicir aos demais é que as mulleres non somos inferiores aos homes...

Anonymous said...

CANDELA RODRÍGUEZ BARSCE-1 BACH "D-21


En mi opinion los que tachan su pintura de decorativa es porque no le transmite ningún sentimiento,solo le llama la atención la combinación de sus colores o que incluso aveces no pueden entender lo que representa para esa época.

Para mí el arte debe tener expresividad,saber emocionar,transmitirnos sus ideales y reivindicaciones por medio de su pintura o escultura.

Nos podemos fijar en el papel de la mujer en la sociedad.En su carácter sensual.

Si,considero que aporta.Creo que expresa el "destape",por decirlo de alguna manera,de la mujer y sus ganas de igualdad ante el hombre.

Para finalizar,solo decir que me gustan las pinturas que se publicaron y que ojalá a muchas artistas le dieran ese protagonismo a la mujer como ella.

Anonymous said...

eloy garcia besada 1ºA
Penso que tachan a sua obra de simple arte decorativa porqur non saben encontrar nela o fondo innovador e de reivindicacion da grandeza da muller e solo ven simples debuxos sen significado.a arte debe ter a funcion de transmitirnos eso que o autor quixo plasmar na obra cando a creou e facernos sentir tamen as suas emocions á vez que debe facer que nos lembremos dela ou sexa que nos impacte e nos cree curiosidade.creo que para avaliar a sua obra haberia que saber en que contexto historico se desarrollou a sua obra e os distintos aspectos que puideron influir nela para que desenrolase este tipo depinturas.porsuposto que aporta moito dende un punto de vista feminista porque embellece moitisimo as mulleres e dalles esa indepensencia que pode que daquela non tiveran.

Anonymous said...

na miña opinión os que pensan que a obra de lempicka carece de arte é porque non entendena arte da maneira que Lempicka a entendia,esta,tiña outro concepto de arte,outro totalmente distinto os dos outros artistas da época,ensalza moito a personalidade da muller,destaca a sua presenza...penso que si é bastante feminista xa que en case todas as suas obras aparece reflexada a figura da muller como protagonista,smbolizando a muller trunfadora,altiva,fermosa...

Déborah Magdalena Martínez 1ºbac d nº 12

Anonymous said...

No termo arte pódense atribuír unha gran cantidade de acepcións que se complementan coa personalidade de cada quen, e dicir,do xeito que teñamos de interpretalo e disfrutalo.O que para min pode ser una obra dotada dunha calidade capaz de espertarme un especial interese e transmitirme uns sentimentos pode non selo para outra persona.Quizais,o feito de que algunha xente calificara as súas obras de mero obxecto decorativo tamén poda ser por mor de que non soubesen captar a mensaxe que traian consigo.
O arte en termos xerais tende a entenderse como a reservada para uns poucos que estean dotados dunhas características especiais tanto sexa en pintura,escultura,etc, pero, na miña opinión, todos somos quen de facer arte e de entendela como tal.
A xuzgar polo informe desta pintora podemos afirmar que as súas obras están condicionadas pola época que lle tocou vivir,pola súa posición anticomunista e pola súa personalidade liberal e despreocupada pero á vez elegante e glamurosa.Sen importarlle as opinións axenas.
Para os tempos que lle tocou correr foi unha muller atípica que rompeu cos canones de muller tradicional.Era independente e dotada dunha forte personalidade que foi o que,mesturado coa súa arte,levouna a facerse un oco no mundo do arte,dominado polos homes.

Anonymous said...

Aquelas persoas q tachan as suas obras como pintura de arte decorativa pode que se basen en que parecen non leva ningunha mensaxe asociada o que contrasta coas obras doutros autores da época q si teñen algunha mensaxe como o Gernika de Picasso.

Eu penso que a arte actualmente a súa unha unica funcion debe ser a de agradar a aqueles que, neste caso, a observan, pero noutros tempos onde non había liberdades as arte servían para expresar os pensamentos ou intencións dos autores.

Na calidade artística á hora de plasmar as figuras, as cores, as sombras... observando as obras aquí expostas non son quen de asociarlle ningunha mensaxe.

Eu penso que non, porque os cuadros son de mulleres nunha postura seductora. Alguén feminista diría que nestas obras amosase a muller como un obxecto destinado a satisfacer ao home de xeito visual.

Eu tamén penso que esta artista non ten recoñecemento que merece polo mero feito de ser muller, se fora un home quizais sería tan coñecida como Pablo Picasso. Creo, tamén, que aínda que fuxise do comunismo de rusia as suas cualidades non se corresponden cunha muller conservadora da época.

Anonymous said...

En canto á primeira questión, eu penso, mirando os cadros de Lempica,que os que tachaban a sua obra de decorativa refirianse a que os seus cadros son moi coloridos e reflicten, a maioria deles, retratos e temas banales, e non coma Picasso, ou outros autores importantes da época,que reflicten na sua obra, os problemas dos cales eran testigos (ex: “El Guernica”, de Picasso).
Penso, que a arte, non debe ter unha función específica, pode reflictir problemas persoais ou xerais nas obras, pode ser o mero feito de retratar unha persoa ou unha paisaxe…, pero o que si que creo que é a función xeral da arte, e trasmitir algo coas obras.
Para avaliar a obra de Lempica, podemonos fixar en aspectos artísticos, como o colorido, ou o que ai nas obras (neste caso, retratos), ou tamen no que pretende trasmitir (a vida folgada da burguesia). De todas formas penso que no que realmente devemos de fixarnos e en que nos recorda ó Art Deco ou ó cubismo, xa que estivo relacionada con estes dous movementos.
Penso que sí aporta pensamentos femininos, sempre retratando mulleres, na maioria das veces desnudas, intentaba con isto que se pensase na muller como unha igual ó home, xa que ó ser muller, era mais dificil poder darse a coñecer como artista. Andres Chavete Balseiro nº 4 1º D

Anonymous said...

Mª ISABEL MEIJÓN ORTIGUEIRA
1º A BACH


Que poden querer dicir os que tachan a súa pintura de arte decorativa?
No primeiro cuarto do século XX, adquire auxe unha nova e efémera tendencia do que anos despois, se coñecería como art déco. Tamara de Lempicka é unha das representantes deste tipo de arte, caracterizándose a súa obra pola evasión, a elegancia, o snobismo, a pretendida sofisticación duns medios que perseguen o superficial da vida, unida ó lado escuro do prohibido, en resumo, aires de modernidade e con gusto por provocar o escándalo.

Que función debe ter a arte?
A arte debe ter a intención de comunicar algo, de transmitir a beleza e a intención do artista. Producir na persoa que a contempla ou analiza un sentimento, unha reacción.

En que aspectos nos podemos fixar para avaliar a produción artística de Lempicka?
Polo que sabemos, pintou case cincocentos cadros. Algunhas das súas figuras lembran a Miguel Anxo, e a rasgos de Botticelli, pintores dos que copiou algunha das súas obras cando estivo en Italia nos anos vinte, e é artífice dunha carnalidade limpa, con espidos atractivos atrevidos para a época, e con unha acertado uso da cor (algúns críticos falan do azul de Bellini)
A obra de Tamara reflexa unha época vigorosa, atrevida, obsesiva, ansiosa e degradada. As personaxes retratadas son frías, distantes, aínda que se deixan ver e admirar rexeitan entrar en contacto coa xente común; teñen unha actitude elitista ante o mundo, parecen ter unha ausencia vital deliberada: non é que sexan sorprendidos naquelas posicións sino que prescinden do espectador de modo que reflicten miradas ausentes e parecen non estar neste mundo.

Aporta algo a súa obra desde unha perspectiva feminista?
A modernidade de principios do século XX, na que as revolucións e a primeira guerra mundial reflectían cambios drásticos, a súa vida e a súa obra na que representa á muller sen complexos, unha muller que se pon a altura do home,que é osada, atrevida, se viste é vive como un home, conduce a altas velocidades como un home..... non só polo contido, senón pola forma, polos seus debuxos e polo seu reflexo, fan que a autora sexa revolucionaria e neste senso, si aporta na súa época un avance feminista.

Anonymous said...

Eu creo que os que os que tachan a pintura de Tamara Lempicka de arte decorativo é porque non encontran ningun tipo de sentimento nos seus cadros.

Eu creo que a arte debe comunicar sentimentos , estados de ánimo etc (debe comunicarnos algo) , que o auntor expresa na súa obra.

Na representación preferentemente de mulleres en pose seductora.

Non o creo , xa que retrata a mulleres en poses seductoras , representado asi a muller como un obxeto destinado a o home

Anonymous said...

No mundo da arte son varias as figuras que trascenderon máis alá do ámbito do personalismo ou a excentricidade da súa vida privada.No relativo as primeiras vanguardias destaca Tamara de Lempicka.Seducida polo éxito e o glamour,esta creadora desenrola unha vida e obra marcadas polo sentido dos seus ambientes cosmopolitas,o exilio e a súa adaptación a este(de Polonia a Rusia,a París e tamén Estados Unidos...)Expresa unha fascinación pola pintura renacentista italiana e e esencia que o post-cubismo deixa nela tamén é fundamental,así como tamén o seu lugar dentro do art decó.O retrato é un dos xéneros máis frecuentes na artista,permítenlle crear unha especie de imaxinario da súa época no que o uso da xeometría,a delicadeza do tratamento das texturas,o hieratismo dos personaxes e a súa teatralidade,constitúen a imaxen da vida desta creadora.A fama que adquire en toda Europa sufriu u importante decaemento,e máis tarde a súa obra plástica quedou relegada a pesar da súa importancia.Novamente logrou alcanzar o lugar que se merece como unha artista creadora única e determinante para a historia das vanguardias.
Baixo o meu punto de vista,esta gran artista é un modelo a seguir que hoxe en día moitas artistas(pintoras,escultoras,...)que hay poderían tomar para que se deran a coñecer como moitos outros artistas homes o fan.Penso que é unha artista que sempre deixara a súa esencia ó longo da historia,porque o que conseguiu na súa época,lograr reivindicar o que pensaba e transmitilo na súa obra,sorprendendo a xente,aínda o segue facendo agora,cando xente do século XXI nos acercamos a un dos seus cadros.As cores,os tonos,as posturas,encher o lienzo sen deixar un marxen,as formas,nalgúns incluso realismo,tristeza,amor,felicidade,explosividade,sensualidade,....todo isto consegue transmitilo nas súas obras,deixandonos as veces perplexos coa súa grandeza.

Anonymous said...

Aránzazu Pérez Acuña N°16 1°Bac"D"

2° comentario despois da visita.

Despois da visita a exposición de Tamara de Lempicka penso que ela era unha muller á que lle gustaba reivindicar a situación na que vivía,e quizais romper os esquemas da época.

Esta muller é para min unha muller que expresa moito nos seus cadros quizais no expresa amor ou sentimentos,non dese xeito,senón expresa nas súas pinturas a súa situación persoal,pois na exposición podíase ver moi ben que nos cadros que pintou,cando a sua carreira estaba no seu momento ,quizais,mais culminate,era unha Tamara de Lempicka que disfruta da vida que loita por reivindicar os problemas da sociedade e romper certos tabues desta.

Tamén se observa a unha pintora que disfruta da vida despreocupada que leva,co seu home a sua filla e o seu numeroso repertorio de amantes ós/as que lle adicou varios cadros.Quizais poderiamos dicir que os cadros mais destacados dela foron os cadros no que a figura principal era algún dos seus amoríos.

E sen embargo nos ultimos cadros da exposición vemos unhas pinturas nas que predominaban cores mais tenues que parece tentaban expresar que a Tamara de Lempicka chea de vitlidade estaba xa na etapa final da súa vida .Xa comeza a pintar cousas tristes alonxadas da vida que antes levara,cousas tristes nas que eu creo que intentaba expresar o paso do tempo e que se estaba voltando vella.

Para rematar podo dicir que a obra de Tamara de Lempicka gustoume moitisimo e pareceme unha muller moi interesante igual que a sua obra.

Related Posts with Thumbnails