Que un humorista sexa invitado a participar nun foro de reflexión filosófica é bastante insólito. Pero falar de Leo Bassi é falar do insólito, nin a palabra humorista se lle acaba de axustar ben. El defínese como un terrorista lúdico.
Na súa comparecencia na XXIV Semana de Filosofía de Pontevedra, organizada por Aula Castelao, explicou a súa evolución artística e mesmo persoal, salientando as dificultades de facer un humor diferente cando este non se axusta aos modelos dos que dirixen os medios de comunicación de masas coma a televisión, medio no que durante un tempo actuou Leo Bassi, ata que un día abandonou Crónicas Marcianas ante a imposibilidade de presentar a súa creación porque Citroen, sponsor do programa, non consideraba aceptable a súa actuación en que sometía a un Xsara Picasso a unha divertida deconstrucción a golpes para que se axustara un pouco á imaxe cubista dun automóbil máis propia de Picasso, xa que Bassi sentíase doído pola utilización mercantilista da firma do pintor, con quen el gardaba lazos afectivos.
Recentemente a súa obra teatral Revelación tivo que ser cancelada en Madrid xa que algún grupo fundamentalista cristiano lle colocou un artefacto explosivo no teatro.
A súa páxina non obedece aos patróns dunha web de artista, si que dedica unha columna ás súas produccións, pero tamén escribe artigos sobre temas actuais, ofrece ligazóns sobre espectáculos e programas de outras latitudes como o que fai referencia ao programa sobre sexo de Heba Kotb doctora que fala deste controvertido tema nunha cadea de televisión en Exipto, ou Dieudonné, a nova voz burlona da Francia mestiza, sen esquecer a Michael Moore. Entra na paxina oficial de Leo bassi pero ademais non te perdas as fotos que están publicadas aquí.

1 comment:
xa vexo que hai novas fotos da biblioteca e ten pinta de estar quedando moi chula
Post a Comment