Thursday 27 September 2007

Homofobia II


Xusto despois de publicar Homofobia, a nosa penúltima entrada , atopamos que no programa de radio "Hoy por hoy" trátase o tema do acoso escolar aos estudantes homosexuais. Somo membros dunha comunidade educativa e entendemos que sería moi bo escoitar atentamente este documento. Nós, como docentes, dámonos por aludidos despois de oir esta exemplar testemuña dun mozo homosexual e a súa nai e prometemos proporcionar información desde este blog. Xa temos, de feito, algunha que pensamos poderá ser de utilidade.

1 comment:

Anonymous said...

Felicidades por este enlace sobre a homofobia.
Aceptarnos como somos e aceptar aos demáis como son, fainos máis humanos, máis libres....

Related Posts with Thumbnails