Wednesday 12 September 2007

Diferenzas

Onte líamos na prensa o entusiasmo de María Amelia, a internauta coruñesa de 95 anos que declaraba estar chea de vida e gozando de cada minuto que pasaba conectada á rede. Era case imposible non sorrir de admiración ao vela tan fresca, tan sedenta de información. Aquí tendes a ligazón do seu envexable blog, que recibe centos e centos de visitas de xente de todo o mundo e de todas as idades. Foi un agasallo do seu neto para celebrar o seu cumpreanos. Por certo, non vos perdades o vídeo.



Hoxe, en cambio, lemos a morte do Toro de la Vega, festexo declarado de interese turístico rexional pola Junta de Castilla y León. Entramos nesta páxina de denuncia onde se describe con detalle todo este ritual de morte e crueldade extremas. Entramos tamén nesta ligazón onde se defende a morte do animal con vehemencia en nome de non sabemos que estúpidas raíces e tradicións.



É certo que debemos construír entre todos sociedades plurais onde poidamos convivir malia as nosas diferenzas pero ás veces non podemos nin queremos ocultar o sorriso e a admiración que nos produce a enriquecedora vellez de Mº Amelia nin a repulsa e o noxo máis contundentes ante o Torneo del Toro de la Vega



1 comment:

fpt said...

Ola compañeiros! Non sei se vos lembraredes de min, pero son a exalumna Fátima Peón, a vosa fan número 1 que todavía segue no exilio voluntario. Tendes un blog moi feitiño e moi interesante, e non só para os que estudian no Sánchez. Agardo que sigades así e que nos poidamos ver pronto. Ánimo! E bicos.

Related Posts with Thumbnails