- "Homofobia" significa temor, rexeitamento ou medo aos homosexuais.
- Non aceptar a un fillo ou filla homosexual non só non é unha alternativa, senón que trae graves consecuencias para o fillo ou filla e dor para toda a familia.
- Os homosexuais e as lesbianas son, como as persoas heterosexuais, moi diversas unhas doutras.
- Somos heterosexuais, homosexuais ou bisexuais pero non sabemos a causa.
- Só as sociedades que non queren cambiar, as escolas que non afrontan este tema e os pais que se negan a axudar aos seus fillos ou fillas deben ser criticados.
HOMOSEXUALIDAD Y FAMILIA: Lo que los padres, madres , homosexuales y profesionales deben saber y hacer. Félix López Sánchez
Un bo libro e un anuncio xenial dos nosos veciños portugueses.
Seguiremos falando do tema. Non vos parece?
4 comments:
Completamente de acordo con vós, o anuncio é xenial.
Pola tolerancia e a liberdade!!
Boísimo, a verdade. O que eu dicía: con este frío...
Gustánme os vídeos que colgaches. E eu quero ser positiva e pensar que na nosa sociedade cada vez hai máis e máis xente para os que os verdadeiros enfermos son os homófobos e non os homosexuais como pasaba fai ben poucos anos
Post a Comment