Wednesday 19 September 2007

Outros universos

Resulta moi curioso que entre os dez últimos gañadores do Premio Naguib Mahfuz- o máis prestixioso galardón das letras árabes- hai catro mulleres, un número que, proporcionalmente, está moi por enriba do Premio Cervantes ou do prestixioso Booker Prize. Imos recomendarvos precisamente unha destas novelas, El labrador de aguas da escritora libanesa Huda Barakat. Alguén o levou prestado este verán e acaba de volver dicindo que lle gustou moito.
A seguinte recomendación é o libro Ler Lolita en Teherán da escritora iraniana Azar Nafisi. Fala das peripecias dunha profesora de Literatura para ensinar ás súas alumnas nunha universidade deste país. Este libro foi lido xa bastantes veces e sempre foi do agrado das súas, case sempre, lectoras. E buscando, buscando na rede atopamos información sobre Rafael Robles que pasou por unha experienca moi parecida en Teherán e ten un interesántísimo blog. Decatámosvos que el tamén ten un libro do trinque que nos apetece bastante: Ler el Quijote en Teherán, inspirado, como é obvio, no anterior; adquirirémolo rapidamente.


Tamén adquiriremos en datas inminentes El legado de la pérdida, de Kiran Desai escritora angloindia, gañadora do último Booker Prize. Fala dos sentimentos dos emigrantes en países de culturas moi diferentes ás que estas persoas teñen como referencia. Interésanos o tema.

Pois xa sabedes, se vos apetece algún....

2 comments:

Ronsel said...

Grazas polas recomendacións. Moi apetecibles, sinceramente. A por algún deles vou!

Anonymous said...

Despois de ler El labrador de aguas � imposible ver calquera tela con indiferencia. Unha cousa tan cotidi� como os tecidos cobran outra dimensi�n. De feito fac�a unha moreira de tempo que eu non �a a unha tenda de telas e tras ler este novela, o outro d�a busquei unha disculpa para entrar nunha e descubrir un novo universo para os meus sentidos. Pero este non � nin moito menos o �nico valor desta obra.

Related Posts with Thumbnails