Friday 21 September 2007

A XOGAR !

Esta entrada vai adicada a todos os blogueir@s que se pasan por Mesturas e moi especialmente a tod@s os responsables das Bibliotecas Escolares que, dentro ou fóra do PLAMBE, aceptan a esforzada tarefa de convertelas en espazos acolledores e en recursos útiles. Estas inocentes persoas seguen sometidas a algunha estraña e esgotadora proba iniciática consistente en aumentar progresivamente os seus deberes mantendo ou reducindo as horas que poden adicar á súa, segundo os responsables políticos, encomiable labor. As probabilidades de éxito ante semellante reto son só comparables ás que esperan aos novos responsables da Coordinación das TICS, tarefa que resulta que non ten nada que ver con arranxar os computadores estragados. Ninguén pensou que se non van acompañadas de horas suficientes estas figuras e as súas importantes funcións quedarán desprestixiadas nos popios centros e non xerarán ningún tipo de confianza interna? A ninguén se lle ocorreu que, en moitos casos, toda esta montaxe pode dexenerar nunha simple etiqueta sen contido deseñada para que todos poidamos cobrar os prometidos complementos xa que "total só é cordinar un pouquiño o que se le" como dicía un compañeiro o outro día coa mellor intención do mundo?.


Como loitar contra imposibles produce ansiedade, propómosvos estes marabillosos xogos do deseñador californiano Ferry Halim. Teremos moitas máis posibilidades de éxito loitando contra estes animaliños e personaxes tan tenros que contra a Todopoderosa Administración. Relaxarannos a coidadísima estética, os tons pastel e as suaves melodías. Como imos tendo unha idade, tampouco é que sexan moi difíciles para poder darnos o gustazo de acadar unha puntuación razoable. Se son demasiado cursis para algún ludópata empedernido, sempre haberá algún menor de 12 anos que os saiba aprezar.


Feliz comezo de curso, queridos
compañeir@os.
.

3 comments:

Ronsel said...

Queridísima Charo: por que será que me sentín dentro cando dis "fóra do PLAMBE"? Que sorte terte tan preto...

bibliotecadocole said...

¡Que ben expos a situación actual!
Suscribimos todo o que dis.Un saúdo dende Moaña.

O Segrel do Penedo said...

“Pero que estades a dicir. A biblioteca escolar como recurso e os de TICs que non teñen que arranxar as nosas desfeitas... É que os das BE nunca ides parar de argallar?”
Charo, por que será que nos sentimos tan identificad@s?

Related Posts with Thumbnails