Hai un par de semanas escoitamos por casualidade que en The Pigs, un pub de Edgefield, pequena localidade británica
, os seus propietarios aceptan cambiar as consumicións dos seus clientes por produtos alimenticios da zona. Así todos e todas se benefician: nestes tempos de crise as populares pintas de cervexa non afectan o orzamento familiar e, ao mesmo tempo, o menú do pub enriquécese con produtos frescos e locais de excelente calidade. Nestes intres acabamos de verificar a noticia e é rigorosamente certa como podedes comprobar ao botar unha ollada aos numerosos recortes de prensa colgados na web do establecemento: colas de clientes aportan todo tipo de froitas, carnes e peixes que os cociñeiros preparan para ledicia dos clientes.
.

.
A miña avóa vivía nunha pequena aldea de Toledo onde pasabamos os veráns de nenos e a min, que sempre fun habitante de cidades, sorprendíame ver como as mulleres apenas usaban diñeiro: polos, coellos, froitas e legumes simplemente cambiaban de man tras breves e cordiais acordos coas veciñas dictados pola necesidade do momento.
No comments:
Post a Comment