THE END é unha inquedante curta que utiliza o vello xénero do western para pór en evidencia un dos temas que ben podería ser decisivo nas sociedades do futuro: a escaseza de auga potable. A curta foi moi ben recibida na expo de Zaragoza e se tedes curiosidade por botar unha ollada ao ambente que Eduardo Chapero-Jackson, o seu autor, consigue recrear podedes ver varias esceas publicadas polo País nesta ligazón.
O argumento da curta, que ten unha duración estimada de 30 minutos, ten moito de actualidade: a loita pola falta de auga xa fai que nos enfrontemos por obter o control de tan prezado elemento. Así a historia trata dun grupo de civís que buscan arrebatar o control da auga ás compañias privadas e organismos oficiais e asaltan un convoy escoltado da reserva federal de auga potable. Accidentalmente, no altercado vese involucrada unha familia norteamericana, que terá que enfrontarse a unha épica supervivencia nun paraje seco, inhóspito e violento. Na súa procura, atopan unha antiga fonte , pero esta xa foi descuberta por outros superviventes. A auga enfrontará ás dúas familias que superadas pola necesidade, terán que recorrer ao mais instintivo de si mesmos. É outra lei a que impera. O salvaxe oeste volve, non como un idealizado xénero de ficción, senón como unha crúa e desapiadada realidade. Texto da sinopse traducido vía Almeríaclips.
Nesta outra ligazón podedes ver un trailer bastante interesante da premiada curta Contracuerpo, do mesmo autor. Conta a historia dunha moza que na súa obsesión polo corpo perfecto, decide transformarse en maniquí.

No comments:
Post a Comment