Resulta que a firma cosmética Ponds, do grupo Unilever ten unha serie de anuncios na India que forman unha historia moi suxestiva, presentada aos espectadores por entregas: un atractivo actor abandona á súa noiva por outra rapaza coa pel máis clara. A moza rexeitada recuperará ao amor da súa vida utilizando unha marabillosa crema que arrranxará o seu terrible problema. Polo visto o desexo de ter a pel máis clara é un fenómeno que deixa enormes beneficios neste e outros países. A meirande parte das grandes marcas comercializan produtos similares para homes e mulleres argumentando que o público os demanda. En África, as tonalidades pálidas de pel tamén fan furor e como os controis sanitarios son máis escasos, comercialízanse produtos de grave risco para a saúde. Mentres, en Asia opéranse centos de pálpebras para conseguir un aspecto máis occidental que parece ser moito máis sofisticado.
Como vedes os procesos de aculturación seguen a ser unha das máis sutís e perniciosas herdanzas do colonialismo branco: a perda dos valores culturais propios que son substituídos polos modelos que inconscientemente son percibidos como superiores.
O ANUNCIO EN CUESTIÓN, VERSIÓN COMPLETA
1 comment:
Espantoso, pareceme increible que con esto consigan vender máis nada.
Este tipo de publicidade debería lograr o efecto contrario: que todos/as nos negaramos a comprar a esta marca.
Post a Comment