Olavi Virta naceu o 27 de febreiro do ano 1915 en Särkilahti, pequena vila do sur de Finlandia. Neno precoz, dende moi cativo amosou unhas capacidades innatas para a canción popular, comezando a construír un estilo pausado, aínda que ao mesmo tempo enérxico e directo. En 1939 gravou o seu primeiro tema, comezando deste xeito unha traxectoria que o levou a asinar máis de seiscentas cancións. No seu repertorio mestúranse tendencias e estilos diverxentes: tango, canción popular finesa (iskelmä) e adaptacións de aires tradicionais procedentes de distintos países, tanto europeos como latinoamericanos.
Ao longo da súa vida participou en calidade de actor en ata vinte películas, convertíndose nun referente tanto popular coma cultural. Actualmente o legado de Virta nutre as inquedanzas artísticas dos novos valores musicais fineses, tales como Johanna Juhola ou Milla Viljamaa, quen non dubidan á hora de definilo como un dos seus grandes referentes artísticos. Do mesmo xeito, o seu impacto cultural trascende o puramente musical. O afamado director finés Aki Kaurismäki adoita incluír os temas de Virta nas bandas de son de todos os seus filmes, reivindicando o seu legado sonoro e emocional. De feito, o propio Julio Medem utilizou un dos temas máis populares de Virta para rotular varias paisaxes da súa Los amantes del círculo polar.
O declive de Virta comeza no ano 1962, cando foi arrestado por conducir bébedo, o cal lle gañou entre a prensa o alcume de laulava lihapulla (a bola de carne cantante). Morre en Tampere, mergullado na pobreza, o 14 de xullo de 1972.
Unha pequena escolma:
Sinitaivas (O ceo azul). Tema orixinal do alemán Josef Rixner, adaptado ao finés por Lauri Jauhiainen. Esta canción foi usada por Julio Medem para o score de Los amantes del círculo polar. Acompañan aos coros as Harmony Sisters.
Cantando en español, no ano 1959 versionou o clásico de Osvaldo Farrés: quizás, quizás, quizás.
Hopeinen Kuu (lúa de prata): adaptación finesa do clásico de Fred Buscaglione.

1 comment:
Mil grazas querido Lois, os libros e as pelis da biblioteca bótanche xa de menos e nós máis. Que teñas moita,moitísima sorte no teu novo insti, onde esperamos, sen embargo, que che traten só regulart para que nos botes de menos ti tamén.As túas intervencións en Mesturas sempre serán todo o valoradas que merecen e esperamos seguir contando con elas. Debémosche unha cea que quedou pendente, non nos esquecemos. Bicos e ata a próxima.
Post a Comment