Wednesday 25 February 2009

Alarma mosquito

A capacidade auditiva vaise perdendo coa idade : é a chamada presbicusia, ou atrofia paulatina do oído. Unha variante moito máis benévola deste trastorno é a incapacidade que, parece ser, sufrimos todos desde idades relativamente temprás para escoitar os sons moi agudos. Baseándose nesta circunstancia hai un par de anos saíu ao mercado británico un curioso artefacto que emite un pitido totalmente inaudible para unha persoa de, digamos, máis de 25 anos, pero que é realmente molesto para un neno ou un adolescente. O invento, coñecido como Mosquito ou Alarma Mosquito comezou a ser utilizado con grande éxito en Gran Bretaña por propietarios de comercios nos lugares que determinados grupos de adolescentes adoitan frecuentar os fins de semana para provocar pelexas ou destrozos. Na actualidade tamén se comercializa en USA e Australia. O seu uso, como é obvio, non está exento de bastante polémica, pero ata agora, é perfectamente legal en países como o Reino Unido.

Con todo, os adolescentes xa atoparon unha utilidade inesperada deste son tan peculiar: ven detectándose o seu uso nos tons dos teléfonos celulares, de tal xeito que en sitios onde os móbiles están prohibido, estes tons só serían audibles para as persoas máis novas, pasando totalmente desapercibidos para os adultos presentes. Curioso e desconcertante.

Queres comprobar a túa idade auditiva?. Preme no mosquito e se non podes escoitar claramente un desagradable pitido, chama a algún adolescente o a algún neno pequeno e verás como di que por favor apagues iso rapidamente , e mirará desconcertado se ti dis que apenas o podes escoitar.

7 comments:

Anonymous said...

O que hai que escoitar (neste caso eu nada de nada), está claro que teño máis de 25 anos, pero en canto cheguen as nenas do cole prometo facer a proba que me ten intrigado o aparello este...

Anonymous said...

Pois xa verás, xa verás cando fagas a proba. As miñas fillas o poden escoitar desde outra habitación e berran para que pare. Sniff!
charo

olga said...

Por dios, Charo. ¡Que maneira de chafarme o día!
Claro que, ben pensado...¿quen quere volver ser adolescente? :-)

Ronsel said...

Bua, que pasada! É super interesante... e oio un pitido moi, moi tenue!!!

MESTURAS said...

Sí, é interesante e perverso. Primeiro varias asociacións de adolescentes protestaron porque non soportaban o zumbido, e molestaba a todos por igual, tamén a nenos pequenos e bebés. Agora comezan entender que esta historia ten a súa utilidade malévola...
charo

Oki said...

Pois eu non o entendo porque o distingo perfectamente, e... xa me gustaría a min ter menos de 25 aniños!!!!!!!

Anonymous said...

Caramba Oki, que sorte. lin o outro día que unha profe escoitou o tono maléfico este nun mobil dun alumno en clase e quedaron todos espantados porque foi a única "maior" que o detectou. Definitivamente ti es un pouco "peculiar" que dirían os birtánicos, je, je
charo

Related Posts with Thumbnails