Thursday 4 February 2010

Lavatory-Lovestory. Historia de amor no lavabo

Simplemente xenial. Esta historia de amor tan tenra da señora que limpa o aseo día tras día sabendo que ela nunca terá unha oportunidade…ou si?
Unha curta do ruso Konstantin Bronzit. Lavatory – Lovestory- que presenta unha fermosa historia de amor nun orixinal escenario: un baño público. Bronzit utiliza un sobrio trazo en negro para contar sen diálogo de ningún tipo esta emotiva e divertida historia de amor e moito suspense en 10 minutos. Animádevos.

5 comments:

Niño da Curuxa said...

Que bonito! É ben difícil imaxinar unha historia de amor nun lugar como este! O máis simple resulta sempre o máis fermoso.

charo said...

Totalmente certo. É do máis expresivo e fresco.

olga said...

Grazas, Charo, por este guiño de tenrura.

Anonymous said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Anonymous said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Related Posts with Thumbnails