Tuesday 4 November 2008

O cemiterio alegre



Hai moitas formas de achegarse á morte condicionadas todas elas pola cultura na que somos educados. Sen dúbida, perder a un ser querido produce dor, pero as formas de xestionar esa dor e a importancia que concedamos a segundo que aspectos tradúcese en manifestacións esencialmente diferentes.


Este cemiterio atópase no norte de Romanía na cidade de Sapanta, sobre os Montes Cárpatos. Chámano o “Cemiterio Alegre” , porque arrinca os sorrisos daqueles que o visitan. Non é un cemiterio calquera, é único no mundo, e está adornado con tallas de madeira, retratos artesanais personalizados dos mortos e epitafios alegres e irónicos nas lápidas.
Nesta terra de ebanistas, todas as tumbas foron talladas, pintadas de azul e decoradas co retrato do defunto, representándoo no seu traballo ou facendo o que máis lle gustaba na vida. E debaixo un epitafio, escrito en primeira persoa, que relata os rasgos máis relevante dos falecidos sempre en clave de humor.
As cruces pintadas en cores claras -azul, branco, verde e vermello- son monumentos de arte popular únicos en Europa, creados, na súa maioría, a partires de 1935 polo artesán Stan Ioan Patras e que na actualidade realizan os seus discípulos. Estes artesáns coñecen a todos os habitantes do pobo polo que non é difícil producir, no seu momento, o epitafio máis axeitado:

"Aquí descansa a miña sogra, se vivise outro ano máis, eu ocuparía o seu lugar"
"E outra cousa que moito me gustaba era sentarme á calor dunha taberna acompañado dun vaso de viño e unha muller sempre que fose a muller doutro."
"Aquí descanso eu chámome BRAIC ILEANA, cinco fillos tiven que deus a vida lles deu. GICA, que ti sexas perdoado se me apuñalaches cando viñeches borracho do pobo."
"Que ben estou na tumba no limiar da igrexa. Ti tamén virás aquí "
"Arde no inferno, maldito taxi que viñeches de Sibiu. Con todo o grande que é Romanía. Non puideches atopar outro lugar onde pararche?. Tivo que ser fronte á miña casa, para matarme?."
Como podedes ver, é difícil reprimir un sorriso. Unha boa forma de ver na morte unha aliada inevitable da vida


hai referencias a este cemiterio en axencias de viaxe e blogues de particulares. Por exemplo Desierto

3 comments:

Anonymous said...

A verdade é que esta moi ben. A morte non debería ser algo tan catastrófico ó meu parecer, dalguna maneira deixamos de estar con esa persoa para sempre, pero en xeral non se sufre, é algo similar a como eramos antes de nacer.

Oki said...

É certo que estes epitafios provocan un sorriso. Pero é difícil bromear coa morte cando tócache de cerca e é alguén a quen amas...

MESTURAS said...

Tes razón, pero terías que ver como celebran o Día dos Mortos en México por exemplo. É unha auténtica celebración con comida, música, baile no cemiterio. É unha forma de expresar alegría polo tempo pasado coas persoas que queremos e seguen con nós dalgún xeito. Penso que eses rituais axudan á reconciliación coa morte, sen a que a vida non existiría. Fan que a dor sexa máis fácil de superar, aportan unha naturalidade e unha vitalidade que entendo que é moi saudable...

Related Posts with Thumbnails