- Imos contarvos como celebramos este ano o Día do Libro no noso instituto. Para comezar, dirémosvos que o alumnado de 4º ESO por fin puido ver exposto no vestíbulo o traballo que levan elaborando durante varios meses : un fermosísimo grupo de figuras que son unha sentida homenaxe a toda a maxia, as sorpresa, a sabedoría que podemos atopar se nos achegamos de cando en vez aos nosos queridos compañeiros, os libros. Había que decorar o vestíbulo para esta ocasión tan sinalada así que deseñamos un cartel que é toda unha declaración de principios: no Sánchez Cantón apreciamos os libros, lémolos, coidámolos, prestámolos, calquera que nos visite pode ver que os temos por todas partes. O resultado é impresionante. Temos un Departamento de Plástica que é todo un luxo.
- Tamén aproveitamos a ocasión para celebrar a entrega de premios do Certame Literario do Departamento de Lingua e Literatura. Tema? “Amor máis aló da morte”. Nin máis nin menos. Decoración especial do Salón de Actos, como podedes ver na foto. O mellor de todo: escoitar a un grupo de alumnado recitar unha pequena antoloxía de poemas para ilustrar o tema coas palabras de Petrarca, Lope, Miguel Hernández, Lorca, Benedetti…
Tivemos a gran sorte de contar, ademais, cun grupo de instrumentistas que intercalaron varias pezas ao longo do acto. Para que logo digan que estes rapaces non aproveitan ben o tempo…! Felicidades ao Departamento de Música que logrou vencer as reticencias dos máis tímidos que estaban un pouco asustados de ter un auditorio tan numeroso.- Logo asistimos á entrega de premios. Comentan os compañeir@s de Lingua e Literatura que o nivel é excelente este curso.
- Tamén houbo unha sorpresa para o profesorado:
Cando chegou a hora do café apareceu unha gran fonte de madalenas. Ao degustalas, aparecía un paquetiño cun poema. Os mesmos poemas que o alumnado recitaría uns minutos máis tarde no Salón de Actos. Os mesmos que recibirán, nunha pequena edición caseira, todos os asistentes ao recital xa nas súas aulas como lembranza deste día.
- Grazas a tantas persoas que axudaron, felicitaron, fotografiaron, arranzaron cables e cortinas, encargaron flores, deron ánimos... así da gusto traballar
E para rematar, unha mención moi moi especial aos nosos queridos compoñentes do club de lectura Tinta Viva. Que mestres de cerimonia tan impecables!. Vese que lle van collendo o gusto a isto de presentar actos literarios. Como debe ser,
- Queredes fotos?
Open publication - Free publishing - More lectura
- O complexo proceso de creación das figuras
A antoloxía máis o cartel
11 comments:
IMPRESIONANTEMENTE FERMOSO!!!
Parabéns por tan magnífico traballo. Ante tremenda presentación imaxino que ninguén se podería resistir á tentación de levar algún libro para un perfecto remate do día.
Bicos dende Fene.
!Menuda la que habéis "liao"!
Un saludo desde O Porriño
Eu, que tiven a sorte de ver as figuras con anterioridade... querería acompañarvos nun día así... e en moitos outros. Parabéns por tanta fermosura reunida.
Saúdos
Chulo? Chulo? Chulo é iso que facedes aí, con eses traballiños mauais tan ben feitos.
Aínda estou babeando...¡cousa bonita! Noraboa, parabens...e o que faga falta por seren capaces de crear tanta fermosura.
Volverei a este post con lecer para seguir saboreando.
Bicos
Grazas. a verdade é que foi un moio bo Día do Libro, pero non podo nin imaxinar máis dun cada ano.
Parabéns por este espectacular traballo. Cando se aunan esforzos entre as distintas áreas sempre se consiguen cousas estupendas.
Un agarimoso saúdo dende Pontedeume
RAIOTECA.
Sodes a envexa de todos os blogues das Bibliotecas Escolares. Parabéns polo voso traballo. Pero, dende Bibliobarro (http://bibliobarro.blogspot.com) tamén temos un agasallo para vós: sodes un dos nosos blogues Maneiros. Como íades faltar nesa lista!
Mil grazas Bibliobarro e Raioteca. totalmente certo o de traballar en equipo. Se sempre facemos traballar en equipo ao alumnado, parece estúpido non ser capaces de facelo nós.
Preciosisisisimo!!!!!
Sie haben ins Schwarze getroffen. Ich denke, dass es der ausgezeichnete Gedanke ist. cialis rezeptfrei in holland cialis kaufen [url=http//t7-isis.org]levitra online[/url]
Post a Comment