A nova editorial PATASDEPEIXE edita un libro que está para comelo.
Non, esta non é a portada, é a traseira e cómpre vela antes de nada porque ten un aviso moi importante: Por favor non intente comer este libro na casa. Está ben que avisen porque o libro é tan delicioso que da gana de devoralo.
Ten aparencia dun conto infantil pero é unha historia para goce de cativos e maiores, con excelentes ilustracións, que fala dun neno que se achegou á lectura por unha indixestión de libros.
A presentación oficial do libro será en Santiago o vindeiro 29 de abril pero xa está en moitas librerías e se vos interesa podédelo pedir a editorial Patasdepeixe .
Este é un libro mimado, primeiro produto desta nova, arriscada e fresca iniciativa editorial, eles din que é o seu primeiro peixiño, e nós desexamos que teñan moitos máis porque estamos necesitados de ter en galego contos, fantasías e realidades.
Por certo non deixedes de ler como argallaron o libro nun proceso galego-anglo-chinés.
7 comments:
Graciñas por esta fermosísima suxestión de lectura que apuntamos para os nosos fondos.
Apertas dende Fene.
Realmente é esperanzador ver a este xente tan nova tan intelixente e formada e con tanta ilusión neste tipo de proxectos.
Temos xa o libro e é realmente precioso.
Grazas Loly.
Apúntome: eu tamén quero un! Grazas pola información tan valiosa, coma sempre.
Bicos
Coñecía este libro en castelán "El increíble niño comelibros" de Oliver Jeffers, na editorial Fondo de cultura económico, e non sabía que existía unha traducción ao galego, como tampouco coñecía a existencia desta editorial. Gracias, estaremos pendentes pois de principio xa nos gusta o seu nome, "patasdepeixe", e por suposto, o título escollido para o seu primeiro traballo
Neste blog todo, todo é comestible: sen espiñas. Salvo neste caso que se fala de peixes. Zarpo de inmediato a pescalo.
Grazas.
Temos este fermoso libro en castelán colgado no blog, como libro do mes.O nome da editorial é divertidísima. Sorte na aventura editorial.
Gústanos!! Probarémolo, agora que andamos de festa gastronómica. Faremos tamén referencia da novidade en Bibliomanía. Grazas,Charo.
Post a Comment