De volta dos encontros PLAMBE tan felices de ver de novo a Cristina e Pilar, aos nosos “vellos” amigos e amigas de sempre e constatar a ilusión doutros compañeiros que empezan esta viaxe, poñemos ao voso dispor esta información que no seu día publicamos en Mesturas e retomamos agora, por se é dalgún interese, despois de asistir á conferencia de Emilio Pascual “A lectura dos outros”. Recomendamos especialmente o video que non deixará indiferente a ninguén. Tamén adxuntamos esta ligazón a un texto de Samaniego que vos resultará moi familiar.
- Temos na biblioteca a última obra de Naomi Klein A doutrina do Shock. Obra documentadísima na que ofrece as súas conclusións tras numerosas entrevistas e investigacións levadas a cabo nos últimos catro años. A súa principal conclusión é que o neoliberalismo salvaxe vai a miúdo da man de políticas gobernamentais afíns e pode chegar a utilizar desastres de todo tipo, naturais ou terroristas, como combustible da súa voracidade nos momentos en que as poboacións se senten máis indefensas.
A súa tese é que do mesmo xeito que tras un duro interrogatorio os prisioneiros quedan en situación de desorientación e vulnerabilidade extremas e dispostos a colaborar, igualmente as poboacións aterrorizadas estarían dispostas a seguir a aqueles individuos que aseguran ser os únicos apropiados para salvalas. Serían estes os mellores momentos para modelar as sociedades segundo os seus intereses. Temos o libro do trinque, recén traducido e adquirido, o aspecto é impresionante pola extensísima bibliografía e documentación. Moi interesante, provocador e sen dúbida polémico, como tamén o foi No Logo, o anterior traballo desta activista canadense . A teoría de Klein sobre como avanzou o capitalismo global ata a súa agresiva fase actual impactou a Alfonso Cuarón, o director do inquedante filme Fillos dos Homes. Cuarón realizou unha chamativa curta de seis minutos, presentada no festival de Venecia e que ten gran forza visual, na que Naomi Klein resume a súa teoría.
3 comments:
Parabéns Charo por este artigo, como sempre, tan magnífico e oportuno e que co teu permiso imos enlazar en O Segrel.
Caramba, que rapidez no traballo, eu aínda estou estirándome despois da longa xornada de "asiento" que tivemos onte e vós xa traballando e poñendo cousas no blog, e ademais aprendéstedes ben a lección: aquela que dicía de enlazar no post e todo eso...
Acomplexades a calquera!!!
Grazas a xente tan traballadora que ides tirando doutra que, bueno, facemos o que podemos...
Mloitos saúdos dende Cervo.
Grazas por, unha vez máis, facilitar o traballo. Usarei a fábula como tiña pensado pero... aforrando a percura.
Bicos marítimos.
Post a Comment