'The Espresso Book Machine' (a 'máquina expres' de libros) é unha fábrica de libros sen traballadores, unha planta de impresión de dous metros e medio de longo que pode imprimir, aliñar, pegar, cortar e terminar un libro cada catro minutos sen intervención humana de ningún tipo.
Pode producir dez libros diferentes ao mesmo tempo e co mesmo custo que dez copias do mesmo libro.
Pode fabricar libros en calquera idioma, coa espiña a esquerda ou dereita e coas súas correspondentes tapas a toda cor, cun máximo de 550 páxinas.
Algúns din que é a revolución máis importante no mundo da edición de libros desde a invención da imprenta.
fonte Consumer Eroski, onde tedes unha completísima información.
1 comment:
Pois eu teño un tio que encuaderna libros e tarda aproximadamente dous días...
A idea, supoño, sería compatibilizar ambos traballos, aínda que a min me chifla velo cortar, aliñar, pegar...
Post a Comment