Tuesday, 30 November 2010

Club de lectura “Tinta Viva” e Lorenzo Silva

Rematamos a lectura de “La estrategia del agua “ de Lorenzo Silva. Din os e as compoñentes de Tinta Viva que lles gustou  Rubén Bevilacqua, o seu descaro, a súa personalidade tan especial na que conviven tenrura e rudeza. Falamos tamén de maltrato, de mulleres maltratadoras e mulleres maltratadas e do difícil que é facer leis de excepción que non poidan ser pervertidas por persoas desalmadas. Coñecimos a Epicteto e a Sunzi. Falamos e escoitamos a música mencionada na novela e gozamos con esceas de películas inesquecibles. E, por suposto, non esquecimos os pequenos “soldaditos de plomo”.

Estes son algúns dos materiais utilizados. Damos as grazas aos compañeiros do IES “As Mariñas” pola utilización do seu documento sobre novela policíaca que foi de moita utilidade.

Thursday, 25 November 2010

25 de Novembro. Día Internacional da eliminación da violencia de xénero.

“Todo empeza no núcleo dunha célula. Os cromosomas xúntanse. Os X e os Y serán determinantes, pero durante a primeira etapa despois da fertilización, os nenos aínda non son diferentes das nenas. Só na novena semana quedará claro que as gónadas deberán seguir medrando para, ou ben convertérense en testículos ou pola contra, repregárense para formar ovarios. Comeza a experiencia feminina. Repregarse, volverse cara a dentro. Aínda que algunhas culturas honran as misteriosas e invisibles calidades femininas, non é, con todo, o máis habitual. O normal é dar poder ao visible. Esa é a razón pola que a miúdo se supón que as mulleres deben permanecer ocultas, pequenas e silenciosas. Ou quizais decorativas, dispoñibles e doces. Ás veces, porén,  as mulleres levantan a súa voz e loitan, rebélanse. Ás veces as súas batallas teñen lugar nos céspedes aparentemente seguros das zonas residenciais, nas aulas luminosas, nos centros comerciais. As cicatrices tamén aparecen nestas contornas aparentemente benignas: as fráxiles costelas dunha rapaza anoréxica, o pé deformado por un tacón imposible, o riso impostado que resoa no corredor dun instituto… “

Traducido do prólogo á exposición itinerante “Off the beaten Path que propón reflexionar a través da arte sobre as raíces profundas culturais e sociais da violencia contra as mulleres. 
offthe beaten

Monday, 22 November 2010

Publicidade Subliminal

arece que no ano 1957 inseríron unhas imaxes de promoción de Coca-Cola nunha película a unha velocidade tal que o ollo  humano non as podía percibir. Como resultado, parece que o consumo da bebida aumentaba substancialmente.
Empezaremos por aclarar que unha mensaxe subliminal é un sinal ou mensaxe preparada para que sexa recibida por baixo dos límites normais da percepción, sendo percibida só polo subconsciente.
A partires do libro titulado The Hidden Persuaders de Vance Packard, publicado en 1957, explicábase un estudo levado no cine Fort Le, de Nova Xersei. O director de devandito cine encargoulle a un publicista o deseño duns carteis publicitarios para aumentar as vendas. Influído polas teorías psicoanalistas, o publicista propuxo ao dono da sala a posibilidade de inserir unhas simples frases como “Drink Coca-Cola” cada 5 segundos da película Picnic. Parece que a proba foi un éxito, pois as vendas aumentaron un 57,8%.
Máis tarde, o publicista declarou que todo foi unha montaxe e que o experimento nunca chegou a realizarse. Efectiva ou non é un feito que a publicidade subliminal utilízase como técnica de marketing aínda que supuestamente é ilegal por atentar contra a liberdade de elección das persoas.
Coca-Cola utilizou esta circunstancia como xogo e pretexto para seguir publicitando a súa coñecida bebida, como podedes ver no primeiro video.
Pero no segundo xa non é un xogo. É auténtica publicidade subliminal pura e dura no GP de Brasil de fórmula I durante  este mesmo ano 2010.
.


Thursday, 18 November 2010

As suxestións do noso alumnado TIC I

Na súa procura de contidos interesantes pola rede o noso alumnado TIC proba o seu excelente criterio e sorpréndenos con este  video sobre os estranos experimentos con animais para o noso beneficio.

Pola súa estética e orixinalidade, polo seu contido, nós recomendámolo tamén. Moi especialmente. Parécenos unha achega magnífica. oveja

Wednesday, 17 November 2010

A coherencia de Fernández Paz

Reproducimos as palabras de Xornal.com xa que en La Voz de Galicia dixital custa moito atopar a nova e vén moi escasa:

“O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras que lle foi concidido onte polo xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Mediante un comunicado, Fernández Paz agradeceu a decisión do xurado de recoñecer a súa traxectoria, pero non o acepta. “Quero expresar a miña gratitude ás persoas do xurado por pensaren en min. Mais debo lembrar que, cando os Premios da Cultura Galega foron convocados eu manifestei o meu desacordo con eles. Sigo a pensar o mesmo. En coherencia, non podo aceptar este premio”, explicou no comunicado .

No seu escrito, Fernández Paz non especifica os seus motivos, xa que se remite ao manifesto publicado por Prolingua o 8 de outubro que solicitaba a todos os intelectuais do país que, en caso de ser premiados, rexeitaran eses galardóns. O principal motivo que expuña Prolingua no citado manifesto –titulado Rosalía nunca aceptaría ese premio– é o trato que a Xunta de Galicia está a ter coa lingua e a cultura galega. “Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega. Polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura”, sinálase nese manifesto. Fernández Paz, polo tanto, fai seus os  motivos de Prolingua, colectivo do que forma parte”.

Agustín Fernández Paz é con moito o escritor máis lido polo noso alumnado. E desde Mesturas queremos agradecerlle este xesto de valentía. Con escritores e intelectuais coma el, coa xente nova que le masivamente os seus libros, a batalla pola lingua e cultura propias pinta moi ben. Hai esperanza.

Tuesday, 16 November 2010

Morirse é unha merda e outras suxestións

Imos mercar, por encargo do Departamento de Filosofía, tres novos libros que teñen bastante boa pinta e que esperamos colocar en breves días  nos andeis da biblioteca. Empecemos coa súas reseñas:

"Morirse es una mierda", Juan Carlos Ortega,  Aguilar SA de Ediciones.

 

Da contraportada:

“Todos nos vamos a morir. Eso es algo que ya sabemos. Pero Juan Carlos Ortega quiere ser optimista. En su intento por encontrar el consuelo perfecto ante semejante tragedia, en este libro nos habla de su bisabuela, de Adolf Hitler, de los relojes de arena, del New York Times, de Epicuro, de las antiguas botellas de Sifón, de Albano y Romina Power, de la menstruación de su novia, del planeta Saturno y de un escritor rumano llamado Panait Istrati. Para escapar del miedo a la muerte hace gráficos, dibujos, relaciona lo irrelacionable, calcula el número de veces que veremos la luna llena antes de morir, y concluye su búsqueda con la reflexión más alegre dentro de lo posible. Al parecer, Ortega ha encontrado su consuelo.”

 morirse

 

“Tú, en qué piensas? “, Stephen Law, Alfaguara

Do resumo da editorial:

¿Cómo sabes que tus padres no son virtuales? ¿Hay vida después de la vida? ¿Por qué existe el bien y el mal? ¿Existe Dios? ¿Es posible que la vida sea sólo un sueño? Ahora puedes sentarte a hablar con tus amigos tardes y tardes filosofando sobre todos estos temas....

 

”Los latidos de la ciudad. Introducción a la filosofía”. Villacañas Berlanga, José Luis, Ariel. Temas pormenorizados

Da contraportada:

“Este libro lleva a cabo un viaje filosófico a través de las realidades comunes en medio de las que todos vivimos. Esas realidades se presentan aquí organizadas alrededor de la idea de la ciudad democrática, moderna, civilizada y cosmopolita. La tesis más básica del libro nos propone esto: sólo si penetramos la lógica de esas instituciones que organizan nuestro presente, estaremos en condiciones de ser ciudadanos activos.
Propone en definitiva una introducción a los grandes tópicos de la filosofía no desde una aproximación erudita o enciclopédica, sino desde una reflexión sobre los aspectos de la vida contemporánea en lo que necesariamente hemos de vivir a partir de elementos culturales comunes y cercanos”.

Sunday, 14 November 2010

Todo é silencio

Quizais sexa a novela que mellor se deixa ler de Manuel Rivas. Os primeiros capítulos están máis na liña das anteriores. Preséntannos os personaxes e o ambiente no que se moven. Son uns capítulos moi fermosos cunha lingua moi coidada e ás veces poética. Conseguen meternos no mundo que logo aparecerá cheo de acción. Moitas veces nas novelas de contrabando o protagonista é o detective alleo a ese  mundo, o policía chegado de fóra; el será o encargado de desvelar os segredos da trama. Aquí non hai detective ningún e o policía non aparece ata ben entrada a novela, e cando aparece vai ser alguén coñecido. Non hai malos nin bos, hai xente, persoas que viven na costa galega e fan o que fan, o que a vida lles vai deparando.
Na cúpula da organización está o Mariscal (o Vello), un personaxe especial e moi crible, que mantén cos demais unha relación moi curiosa. Logo Brinco, o mellor piloto da vila, e Leda, unha moza que non pode nunca ser mala aínda que ande cos malos. Sempre, coma na teleseries hai un bar de fondo onde se reúnen, se ven, namoran... Alí canta fados Sira, que nunca foi a Lisboa. A vella e abandonada escola dos indianos serve de almacén e de cita para os rapaces.
Na segunda parte da obra todo é acción. Pasouse do tabaco dos inicios á droga, de participar toda a vila nas descargas a facelo só a organización. Mesmo se conectou con Portugal e outras xentes de fóra, incluídos colombianos. Case todo o mundo está comprado, non hai nada que facer, ou si? Quen mellor para observar que un policía saído da contorna? Deixarase comprar tamén? Ninguén sabe nada, todo é silencio.
E como pano de fondo de toda a acción, como elemento indispensable en toda a trama, está o Mar, sen el non habería novela.
Manuel Rivas leva moitos anos demostrando que é un mestre escribindo artigos para xornal. Despois de Que me queres, amor xa ninguén pode dubidar de que tamén é un dos grandes do relato curto galego. Con Todo é silencio deixa claro que tamén domina o oficio de novelista. Non se pode deixar de lela.

 

Sunday, 7 November 2010

Falando de Biodiversidade

Pasamos bastantes minutos admirando esta magnífica páxina do CSIC co gallo do Ano da Diversidade. Gústanos ese lema  que di “fala de biodiversidade porque algo comeza a ser importante cando falas delo”. Nada pode ser máis certo. Cada vez é máis necesario falar da biodiversidade, desa inxente e vizosa reserva de innumerables respostas fronte aos problemas e as circunstancias máis diversas. Este agasallo da natureza ten o seu espello na inmensa variedade de linguas coas que comunidades de falantes ben diferentes crean respostas aos seus peculiares universos e ao mesmo tempo, son configurados por elas. Por una destas afortunadas casualidades vemos a páxina do CSIC ao mesmo tempo que o excelente minireportaxe de Ben Falado no que se afirma que os procesos de renacemento linguistico están vivos e activos e que comezan a ter a protección dos estados nos 5 continentes. Será certo? Son as valiosas linguas minoritarias protexidas polas diferentes Administracións con medidas serias  e rigorosas?. Vós diredes. Se ben é certo que falar é un primeiro paso necesario cando pensamos que algo é importante, non é menos certo que sen as correspondentes actuacións todo queda en campañas publicitarias máis ou menos efectistas e carentes de contido.

biodiversidad

benfalado

Tuesday, 2 November 2010

O tempo agasallado

Os días 29 e 30 de outubro celebráronse en  Santiago, no Pazo de Congresos, baixo o lema Variacións sobre a lectura os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. Unha vez máis tivemos a ocasión de asistir ás interesantes reflexións dos expertos e ás non menos meritorias e magníficas propostas dos responsables de bibliotecas bibliotecas escolares que, día a día, fan destes recursos aínda por definir dende a Administración, espazos vivos e innovadores sen apenas ter horas oficiais para acadar os seus ambiciosos obxectivos. E é que a xa histórica reivindicación da creación da figura da persoa responsable das bibliotecas escolares segue sen ser atendida pola Xunta

Reproducimos a entrevista ao presidente da Asociación Galega polas Bibliotecas escolares e a Lectura (Agabel), Antonio Martínez, aparecida en Galicia Hoxe

"Avanzamos moito, pero nos temas clave estamos igual que cando empezamos hai dez anos, e iso produce xa certo esgotamento. A nosa principal reivindicación é que sexa regulado un tempo de dedicación ás bibliotecas, que estamos asumindo os profesores, na maioría dos casos, de xeito voluntario e sen redución da nosa carga de traballo". Así resume o presidente da da Asociación Galega polas Bibliotecas escolares e a Lectura (Agabel), Antonio Martínez, a situación no sector, que este fin de semana celebra en Santiago un encontro, Variacións sobre a lectura, que reúne a máis 1.000 persoas.

"É importante lembrar que foi AGABEL a que demandou a creación dunha asesoría de bibliotecas escolares e a que reclamou a posta en funcionamento dun plan de mellora das mesmas", sinala este colectivo no seu documento de reivindicacións. Entre os avances, sinalan os recollidos en diferentes normativas, como a LOE, que alude, por primeira vez, expresamente ás bibliotecas escolares, ou os plans e ectividades sobre a lectura realizadas polas consellerías de Educación e Cultura, que son "moitos", salienta Martínez. "Temos que pensar que non sempre o Ministerio marca uns vieiros aceptables e Galicia ten competencias de seu para establecer un marco normativo máis axeitado", engade o documento, que demanda a regulación do modelo de Biblioteca Escolar para todos os centros de ensino, a creación da figura da persoa responsable da biblioteca escolar cunha redución suficiente da súa carga lectiva e a formación precisa, a creación do Departamento da Biblioteca Escolar para garantir a asignación de recursos económicos en todos os centros; a inclusión de mobiliario "axeitado" no catálogo de equipamento da Consellería, a mudanza dos parámetros sobre superficies mínimas.

"Nalgúns aspectos os galegos estamos entre os mellores de España: por exemplo, no uso de internet: as bibliotecas teñen blogs, están nas redes sociais... O Plan de Mellora das Bibliotecas, que é galego pero tamén recibe apoio do Ministerio, é un referente a escala estatal, e cada vez inclúe máis centros. O Plan LÍA 2010-2015 polo momento está baleiro de contidos. Inclúe as actividades que xa viña facendo a consellaría, que son moitas. Pero o máis importante é que nos dean tempo para traballar nas bibliotecas", di.

Related Posts with Thumbnails