Monday 14 April 2008

Deporte ou tortura?

Pois este é o pero á entrada anterior. Botádelle unha ollada a este documental sobre o adestramento con nenas pequenas en China. Non é un alegato contra China por estas prácticas, sobre todo non só contra China. Cónstanos que noutros países acontecen feitos semellantes pero son case imposibles de filmar. A información procede do blog de aula Ciclos Deporte Weblog do noso centro, e polo tanto tampouco se trata, como é obvio, de facer unha crítica contra o deporte. Trátase só de poñer límites razoables e de posicionarnos frontalmente contra este tipo de excesos cometidos contra menores co único obxectivo de conseguir, como neste caso, algunhas medallas de ouro máis. Non cremos que esa sexa a filosofía que deba inspirar unhas boas prácticas deportivas. Admítense comentarios.

5 comments:

Leo said...

Moi oportuno este comentario sobre supostas prácticas deportivas agora que andamos ás voltas cos xogos olímpicos.
Compre mirar con lupa os deportes de competición e os métodos de adestramento. A ximnasia rítmica e a súa relación coa anorexia, os tratamentos hormonais supostamente legais.... e un mundo de prácticas perfectamente asentadas e asumidas dentro e fora do mundo do deporte de competición.
Grazas por ser, unha vez máis, a voz dos principios.
olga

O Segrel do Penedo said...

Querida Charo, despois desta entrada, magnífica como sempre, e do comentario de Olga, pouco queda por dicir, máis que subscribo todo o dito.
Deporte si, pero non en calquera condición!!
Apertas dende Fene.

MESTURAS said...

O Colexio Americano de Medicina considera que un 62% dos deportistas de elite padece trastornos de saúde como consecuencia da súa alimentación.
Un 18% corre o perigo de caer na anorexia. O uso de bloqueantes artificiais, que atrasan a menstruación, pode causar osteoporose.
Os réximes moi restritivos levan consigo déficits de vitaminas e minerais como o ferro.
Debemos lembrar a loita de Marta Bobo contra a anorexia e Tania Lamarca que non foi quen de "adelgazar" para poder seguir formando parte do equipo nacional de ximnasia artística. Tiña 17 anos e pesaba 42 Kg. Estaba gorda. Estas cousas non pasan só en China.

Oki said...

A verdade é que é para facer iso mesmo aos entrenadores e aos pais/nais destes pequenos...
Meu deus, estou sorprendida e espantada da capacidade de sofremento destesque demostran nenos.
Coido que esa "gloria" da que fala a repotaxe non é senon un pouco de tolemia... Creo que perdemos o rumbo. Para min non vale a pena conseguila pagando este prezo.

Anonymous said...

Reafírmome no comentario á anterior entrada. Só un engadido: este tipo de explotación está a darse en máis sectores, por exemplo no campo artístico. Sempre me quedou a dubida de se certas prácticas artísticas dentro do chamado body art,teñen coma fin a denuncia da explotación da imaxe como di Orlan ou se eles/as mesmos/as están a ser víctimas da orixinalidade sen límites que exise o mercado e que lles leva á mutilición como no actionismo vienés.

Related Posts with Thumbnails