As Letras Galegas non son só a literatura, as novelas, os contos e as poesías. Tamén o son os textos científicos de divulgación que achegan as ciencias á xente. Sábeno ben os moitos alumnos e alumnas de 2º de Bach. que gozan coa lectura (e os Carrabouxos) de Os dados do reloxeiro.
Agora Xurxo Mariño acaba de publicar Po de estrelas na liña do anterior, que tamén se pode descargar en internet. E temos que lle agradecer que se ofrecese a presentalo este venres 16 no Sánchez Cantón porque o autor quixo agasallar os lectores do noso instituto.
Que mellor xeito de celebrar o Día das Letras Galegas?...
E tamén haberá teatro mañá 14 no Principal (Fas e Nefás, a Tía lambida) polo grupo de Teatro do Instituto
E Monólogos a próxima semana...
1 comment:
Boas:
Nesta dirección pódese descargar gratuitamente o libro. É no portal oficial do Consello da Cultura Galega, que foi quen editou o libro.
http://consellodacultura.org/mediateca/?p=291
Disfrutádeo, e noraboa a Xurxo Mariño
Post a Comment