Monday, 5 May 2008

Síndrome de Tourette

Hai algún tempo que soubemos dun neno con Síndrome de Tourette matriculado nun centro próximo ao noso. A atención do alumnado con algún trastorno do comportamento é unha das grandes materias pendentes no noso sistema educativo. Hai unha necesidade acuciante de persoal especializado, bótase de menos a axuda e a información seria e sistemática para o profesorado e, por suposto, atención e información aos compañeiros e compañeiras deses nenos para crear entre todos certo clima de empatía, que non pena, ante unha patoloxía que se pode manifestar en ocasións con síntomas moi agudos. Entre todo o material que atopamos na rede, e carecendo nestes momentos do consello dun profesional, gustounos o enfoque desta reportaxe. Tamén parécenos unha idea excelente abordar a cuestión cos compañeir@s de aula do alumnado afectado tal como suxire este documento.



2 comments:

Oki said...

Moi interesante este video. A verdade é que resulta impresionante a serenidade que parecen mostrar estes rapaces, supoño que detrás hai moitas horas de sofremento e de traballo para superalo e lograr unha vida mellor.
A esperanza que mostran é impactante. Hoxe aprendín algunhas cousas interesantes deste blog.

MESTURAS said...

Non creas que é fácil. Xa sabes a tendencia de mostrar o lado máis positivo que teñen os americanos. Cónstame o agotador que é convivir cun Tourette agudo, o apoio da familia é imprescindible e ás veces non é fácil. A desatención do sistema educativo é, en moitos casos, clamorosa. Coñezo un caso de autismo con apoio familiar impecable e é moi duro. Outro caso de esquizofrenia e nin che conto. Os trastornos mentais, outro gran, gran tema invisible e intocable. Canto máis oculto, mellor...por certo Oki, nunca che dí as grazas expresamente polas túas múltiples visitas e comentarios

Related Posts with Thumbnails