Como pode verse na foto, tivemos unha agradable visita na Biblioteca, Xurxo Mariño Alonso o autor de Os dados do reloxeiro ePo de estrelas (o que ten o libro na man). Despois tivo unha charla co alumnado de 4º da ESO e 1º BAC. Comezou contándolles o curioso que resulta que neste instituto o interese e promoción dos seus libros vén da man do profesorado de Lingua Galega… tratándose de asuntos científicos. E que lle parecía ben, que a cultura científica é cousa de todos, que non debería haber ciencias e letras, que hoxe cos coñecementos que temos a maioría da xente seguía tan iletrada cientificamente como os seus devanceiros de hai centos de anos. Falou do Sol (sobre unha foto do día), das viaxes a outros planetas, da posible vida extraterreste e da súa especialidade, o cerebro humano… mesmo fixo algún pequeno experimento co público. Logo asinou libros e respondeu ás preguntas dun grupo de interesados lectores. E non tiña ningunha pinta de científico (cal pode ser a pinta dun científico???), era un tipo informal, divertido e amable con todos. Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística e a Xurxo Mariño polo acto.
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2010. BIBLIOTECA IES SÁNCHEZ CANTÓN
Recomendacións de lecturas. Inverno 2009-10
Biblioteca IES Sánchez Cantón
Busco, busco
25 de Novembro 2009. IES SÁNCHEZ CANTÓN
Followers
Mesturas. De todo un pouco
Sabemos que a blogosfera é un dos espazos máis dinámicos da rede. Esta é unha bitácora de tantas que nace vencellada á biblioteca de noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil, áxil e aberta: unha ponte máis de achegamento a toda a comunidade escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
As opinións e a liña xeral de Mesturas reflicte os posicionamentos do grupo de docentes que xestiona esta bitácora, non ten por que reflectir as opinións do IES Sánchez Cantón como comunidade educativa nin do actual equipo directivo.
Brendan Barnum "Linked"
COCIÑA COOLTURAL. Proxecto Interdisciplinar coordinado polo equipo da Biblioteca
Xa temos bastantes materiais elaborados. Podedes ver a correspondente sección na web do centro, os materiais e os comentarios do alumnado de 1ºBAC en Filosofía, os materiais para o alumnado de 1º ESO, e facer unha visita como invitado ao Curso MERCADO DE PROXIMIDADE na nosa aula virtual
Esta é a porta de acceso a algunhas cousas que nos gusta facer, a outras que xa fixemos, en fin, esperamos que sexa útil para que nos coñezades un pouco mellor.
Caixa de búsqueda específica capaz de atopar calquera documento en calquera formato dentro dos 67 sitios entre blogs e páxinas de apoio creados polos responsables das Bibliotecas Escolares Galegas.
vía A Nosa Biblioteca
Sabemos que a blogosfera é un dos espazos máis dinámicos da rede. Esta é unha bitácora de tantas que nace vencellada á biblioteca de noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil, áxil e aberta: unha ponte máis de achegamento a toda a comunidade escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
GÚSTANOS FALAR DE
Esta é a BIBLOGTEKA, o espazo para que os distintos Departamentos traballen en rede.
No comments:
Post a Comment