Thursday 27 November 2008

Pequena investigación do alumnado: O cemiterio de arte popular de Sapanta. Romanía

Un grupo de profesorado do centro estamos a recompilar materiais para elaborar un proxecto didáctico que recolla, entre outras facetas, as diversas formas de xestionar a morte e o do nas diferentes culturas. Temos a grande sorte de contar entre nós a alumna Mihaela Olinca procedente de Romanía. Cando foi informada de que publicaramos un video sobre o cemiterio de arte popular de Sapanta, ofreceuse a traducir algúns dos epitafios que aparecían nas imaxes.
Colaboraron na versión ao galego os alumnos Davely María Concepción e Andrés Hernán . Queremos dar as grazas a este grupo de alumnado e ao seu profesor Xose Lois Janeiro, por tan valiosa colaboración.
Dende Mesturas, quedamos á expectativa de futuras colaboracións que serán sempre benvidas

DSC00691[1]

....

.

,

,.

"Aquí eu descanso. Chámome Bodnarion. Cando eu vivía no mundo, traballaba nunha fábrica como carpinteiro. Iso gustábame moito nesta vida. Cando eu vivía a min coidáronme ben, eu divertíame moito cos que atopaba, pero a morte co seu feo nome levoume xove do mundo, nunha desgrazada noite que rematou coa miña vida".

,

,

.......

...............

........

...........

...

...................,DSC00687[1]

...

.

"Cando eu era pequeno, Jon Suht díxome que eu ía ter un traballo de tractorista. Gustoume moito. Deixo sós os meus fillos, a miña muller e os meus pais, para chorárenme coas súas bágoas de pais. E agora, muller miña, has coidar os nenos igual, con alma de pais, porque agora ti es nai e pai. Para sempre vas ficar apenada".

....

....

....

....

....

....

.....

..DSC00685[1]

"Curta vida eu tiña antes de me soterrar, pero en todos os días da miña vida me gustou ir á igrexa a cantar en coro a deus. Eu rezaba e o meu home enfermou e axiña me deixou. Quedei con tres nenos e só deus sabe canto traballei para os criar e facer deles boas persoas na vila."

DSC00686[1]

"Aquí eu repouso. Chámome Ion Turda. Eu vivía ben, tiña seis fillos, crieinos ben a todos eles. Gustoume moito traballar. No verán segaba herba. Os meus queridos fillos e a miña querida muller que deus os bendiga. "
Vivíu setenta e un anos 1920-1991.

Podedes ver todas as imaxes ampliadas. Imaxes vía Desierto

E para rematar a traducción dalgunhas das lápidas que aparecen no video: ..





Cemiterio de arte popular na vila de Sapanta.
Creado por Ion Patras Stan desde o ano 1935.

"Aquí repouso. Chámome Holdis Dumitru".
Viviu 45 anos. Morreu de morte violenta en 1958.

"Aquí eu repouso. Chámome Stelica Toader. Cando eu vivía gustábame moito o monte coas miñas ovellas e tocar a miña trompeta. O meu corazón estaba só e as ovellas todas beaban e os cans ouveaban. Todos quedaban mirando. Eu desexo o mellor ás ovellas. Cando eu deixei a miña vida tiña 71 anos en 1971".

"Aquí repouso. Chámome Stan George. Pobre da miña vida. Cando eu estaba no campo, o santo Ilie fulminoume cun raio. Meu pai quedou triste e pobre. A miña nai nunca me esqueceu."
Morreu moi novo aos 19 anos en 1954.

TRADUCIÓN DO RUMANO AO GALEGO :
MIHAELA OLINCA (Romanía)
AXUDARON NA VERSIÓN EN GALEGO:

DAVELY MARÍA CONCEPCIÓN (República Dominicana)
ANDRÉS HERNÁN (Colombia)

GRAZAS POR UN TRABALLO TAN INTERESANTE E TAN BEN FEITO!!!

3 comments:

Anonymous said...

Execelente traballo. Que bonitas esas esquelas!

olga said...

¡Cousa bonita!
Que interesante ver que os mortos falan de sí mesmos en primeira persoa.
Nun cemiterio dunha aldea ourensá vin unha vez un epitafio que poñía:
"Aquí estoy y aquí te espero"
Nunca vin en Españ ningún outro escrito en primeira persoa.
Noraboa por este magnífico traballo.
olga

MESTURAS said...

Si, chamounos moito atención este cemiterio polos epitafios en primeira persoa, polos comentarios onde é patente a dor pola perda da vida, pero tamén todas as cousas que a xente que morreu fixo mentras viviu na aldea. É moi interesante. O meu preferido é o das ovellas, claro....

Related Posts with Thumbnails