Hoxe, día terrible da entrada dos tanques israelís en Gaza, queremos dedicar esta entrada a todas as iniciativas en contra a estas actuacións infames que xorden no propio seo da sociedade israelí, entre outras: Lazet: Revista satírica contra a guerra en Gaza. Podedes descargar un exemplar virtual |
Existe desde 2001. É unha organización de mulleres israelís contra a ocupación dos territorios e a sistemática represión da nación palestina. Reclaman liberdade de movemento dentro dos territorios e o final da ocupación que destrúe a sociedade palestina e tanto dano causa á sociedade israelí. Estas admirables mulleres gravan, filman e testemuñan diariamente, hora por hora, todo tipo de vexames e abusos . Logo difunden ese material a través de internet porque é imposible facelo doutro xeito dentro do seu propio país. É evidente o risco que esta actividade implica para elas. |
É unha iniciativa que parte dun grupo de artistas israelís. Este é parte do seu manifesto “...Opoñémonos á guerra. Moitos de nós asinamos peticións, participado en manifestacións e distribuído información esencial a través dos medios de comunicación e da rede. Aínda que son accións significativas só serven para acentuar o noso sentimento de impotencia. Non hai resposta máxicas. Cada acción é só un paso no camiño á revolución. Esta exposición é unha petición que consiste en sinaturas visuais, en lugar de só nomes. Usamos fotos, cómics, videos, cuadros... Utilizamos a nosa creatividade para loitar contra a guerra” |
Created with Admarket's flickrSLiDR.
2 comments:
Ante situacións como esta, eu sempre lembro a frase de Martin Luther King "A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silenzo dos bondadosos"
Grazas por achegarnos a voz dos que tanto lles costa facerse oir!!
Por que nada é branco ou negro, bo ou malo, sí ou non... totalmente. Porque a VIDA son os matices. Para pensar.
Grazas por pór de manifesto algúns.
Post a Comment