Encantounos o traballo de Hans Sylvester e por iso decidimos publicalo, aproveitando a ocasión para destacar unha vez máis as dificultades de establecer os límites conceptuais do que debe ser considerado Arte. …“Nos confíns de Etiopía, a séculos da modernidade, Hans Sylvester fotografiou durante seis anos a unhas tribos nas que homes, mulleres, nenos e anciáns, son xenios dunha arte ancestral. Teñen aos seus pés o río l´Omo, están a cabalo do triángulo formado por Etiopía, Sudán, e o gran val do Rift que se separa lentamente de África. É unha rexión volcánica que lles proporciona unha inmensa paleta de pigmentos, ocre vermello, kaolin branco, verde cobrizo, amarelo luminoso ou gris cincento. Teñen o don da pintura, e o seu corpo de dous metros de estatura é unha inmensa tea. |
Wednesday, 21 January 2009
Cando o corpo é arte
Etiquetas:
AFRICA,
ANTROPOLOXÍA,
ARTE
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
2 comments:
Realmente bonito...
Non é o mesmo, pero hoxe Marina publicou en Biblioarzúa unha entrada dos bosques de Ibarrola que va un puco na liña artística da vosa, aínda que é outra parte da natureza viva o que se "adorna" en cada caso.
O poder do sinxelo. Do simple.
Que gusto para acabr un día duro.!
Post a Comment