Un grupo de poetas e artistas israelís uníronse para producir unha publicación que chama ao fin do conflito armado na Franxa de Gaza. Acaban de publicarse os primeiros 1000 exemplares
A decisión de producir o libro tomouse durante unha concentración contra a campaña militar en Gaza, fronte á casa do ministro de Defensa israelí, Ehud Barak, o xoves pasado.
Un dos promotores da iniciativa é o poeta israelí AHARON SHABTAI , que desde hai xa tempo vén opoñéndose sistematicamente á política do seu país no concernente ao conflito árabe-israeli.
Deixámosvos algúns fragmentos que nos gustaron especialmente.
( As traducións non teñen pretensión de calidade ou rigor absoluto)
| Cultura … O soldado, que se tomou o seu tempo en visitar museos, cando apunta a súa arma á cabeza dun rapaz, actúa como un embaixador da Cultura: actualiza e recicla os bocetos de Goya e o Guernica. |
Nostalxia Ah Terra, Terra Miña, en cada sandalia, en cada fibra dos meus pantalóns como te amei. Podería escribir salmos á túa ensalada de cebola con queixo branco. E agora ¿con quen me atoparei cando entre ao restaurante? ¿Cos carcereiros de Gramsci? ¿Que voz sairá da fiestra que dá á rúa? E cando todo remate, querido lector, ¿en que banquiños deberemos sentarnos os que gritamos ¡Morte aos árabes!? e aqueles que nada quixemos saber? Sobre tradución de Gerardo Lewin | |
| Sol, oh Sol Sol, oh sol, ¿como é que brillas e o país escurécese? Nin sequera unha folla de luz penetra nas cabezas e xa non hai raios nas cámaras do corazón. ¿Como é que o teu resplandor derrámase en balde sobre os soldados e os ladróns de terra en Bidu, Budrus, e Bil’in? Como é que ilumina a túa lámpada o camiño a aqueles que golpean anciáns e envenenan os pozos? Sol, oh sol, es, parece, non un sol senón apenas un anaco de excremento |
3 comments:
La poesía es un arma cargada de futuro:
Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.
Gabriel Celaya
... e que así sexa.
Gracias por la publicación y por la mención. Un gran saludo desde Buenos Aires. GL
En todo caso, gracias a tí, Gerardo, por la traducción y por darnos a conocer a Aharon Shabtai y a su necesaria voz sobre el tema.
Saludos desde Pontevedra, Galicia.
Post a Comment