Saturday, 3 January 2009

MESTURAS: libros e tics, tradición e modernidade


Imaxinemos un espazo público (e privado, de pago, nada de Administracións) no que convivan tics, libros, o antigo e o moderno. Por exemplo un café no que haxa:
-Unha tv de plasma, coa voz baixiña e conectada con Mtv
-Un PC fixo por se alguén non trouxo o portátil, e conexión á rede
-Conexión inarámica para quen traia o portátil
-Taboleiro de anuncios: traballos, cuartos libres, trocos...
-Aparello de limpar zapatos automático (como o dos hoteis)
-Señor de oficio limpar zapatos co tradicional caixón de utensilios e vestido cunha camiseta que pon: bon in bed
-Surtido de xogos de mesa: xadrez, damas...
-Unha morea de xornais e revistas
-E o mellor de todo: UNHA BIBLIOTECA cun mangado de libros (en conexión coa biblioteca municipal), presidida por este lema: non deixe o libro arrefriar, o café pode esperar.
-E, claro, un bo café.
Pois todo isto é posíbel no Café Óscar en Guimaraes-rúa José Sampaio (Portugal) no que hoxe por uma bica (1 café só) pagamos, asómbrense,: 60 céntimos de euro.
Está claro que viaxando se aprende...

4 comments:

O Segrel do Penedo said...

Viaxar cos ollos e a mente ben abertos é o mellor xeito de aprender, pero canta falta fan espazos como o Café Óscar!!!
Bicos e Feliz 2009!!

Ronsel said...

Se deixamos o ensino, podemos montar un deses, non? Digo eu, vaia! Feliz ano, corazón.

Anonymous said...

Boa idea esa de montar o proxecto de libro-café entre os seguidores de Mesturas. Para este proxecto non fai falta botar horas e horas a preparar a documentación para solicitar as axudas. Non hai máis que copiala da rede: http://www.geografia.uminho.pt/uploads/eugenia-et-al.doc (xa ten os obxectivos, consideracións, bibliografía, adaptación ao contorno...)

Anonymous said...

Eu sempre quixen ter algo parecido ao Cabaret Voltaire na súa época dourada, para facer un pouco de arte libre mesturado con café e larpeiradas múltiples. Se vos decidides eu tamén me sumo a vosa iniciativa. Pode que non gañemos cartos pero íamos pasalo ben.

Related Posts with Thumbnails