Wednesday 21 January 2009

Cando o corpo é arte

Encantounos o traballo de Hans Sylvester e por iso decidimos publicalo, aproveitando a ocasión para destacar unha vez máis as dificultades de establecer os límites conceptuais do que debe ser considerado Arte.

…“Nos confíns de Etiopía, a séculos da modernidade, Hans Sylvester fotografiou durante seis anos a unhas tribos nas que homes, mulleres, nenos e anciáns, son xenios dunha arte ancestral. Teñen aos seus pés o río l´Omo, están a cabalo do triángulo formado por Etiopía, Sudán, e o gran val do Rift que se separa lentamente de África. É  unha rexión volcánica que lles proporciona unha inmensa paleta de pigmentos, ocre vermello, kaolin branco, verde cobrizo, amarelo luminoso ou gris cincento. Teñen o don da pintura, e o seu corpo de dous metros de estatura é unha inmensa tea.
A forza da súa arte resúmese en tres en tres palabras : os seus dedos, a velocidade e a liberdade. Debuxan coas mans abertas, coa punta das uñas, ás veces coa punta dunha pola, cunha cana, ou un talo partido . Con xestos vivos, rápidos, espontáneos, inspirados na infancia, con ese movemento esencial que investigan os grandes mestres contemporáneos cando aprenderon xa moito e intentan volver esquecelo todo. Desexo de decorarse, de seducir, de conseguir estar fermosos, de lograr unha actuación e un pracer permanente. Bástalles mergullar os dedos na arcilla e, en dous minutos, sobre o peito, os seos, o pubis, as pernas, nace nada menos que un Miro, un Picasso, un Pollock, un Tapies, un Klee”
Traducido da presentación

2 comments:

Oki said...

Realmente bonito...
Non é o mesmo, pero hoxe Marina publicou en Biblioarzúa unha entrada dos bosques de Ibarrola que va un puco na liña artística da vosa, aínda que é outra parte da natureza viva o que se "adorna" en cada caso.

olga said...

O poder do sinxelo. Do simple.
Que gusto para acabr un día duro.!

Related Posts with Thumbnails