Friday 30 November 2007

Germán Díaz-PI




Pi é un conxunto de puntos cunha propiedade común, a música, ou o que se denomina un lugar musical. Tódolos puntos equidistan da música das manivelas, do órgano de barbaria e da caixa de música, que son o centro, definindo a denominada circunferencia de música mecánica. A distanza común, ou radio, é a improvisación.

Polo tanto, Pi é igual ao perímetro da música mecánica, dividido polo dobre da improvisación....

Se vostedes non o cren... calculen!


Con esta auténtica declaración de principios sónicos rotula o vallisoletano Germán Díaz o seu novo proxecto discográfico, PI. Nacido na capital castellana no ano 1978, Germán Díaz é xa, a estas alturas, unha das personalidades musicais e creativas máis apaixoantes do actual panorama peninsular. De marcada vocación clásica, estudou zanfona cos máis grandes do folk e do jazz europeos, entre eles Charles Chabenat e Pascal Lefreuve, ademais de especializarse en filoloxía clásica. Dende hai anos dirixe e coordina o selo Produccines Efímeras xunto a Fernando Fuentes, ademais de formar parte de bandas tan excitantes coma o Rao Trío ou o máis actual Marisco Fresco.

Instrumentos mecánimos, luminosidade melódica, creación e versatilidade. Imprescindible
.

4 comments:

Anonymous said...

Pois si que é todo un un espectáculo este Germán Díaz recén descuberto.
Aproveitamos a ocasión para anunciar a todos os visitantes de Mesturas que temos un flamante colaborador, asegurando que é todo un luxo como podedes comprobar con esta primeira entrada, á que esperamos sigan moitas máis.
Mil grazas, Lois

Anxo González Guerra said...

Interesante colaboración, acaba de entrar unha ventolada de aire novo en Mesturas. Parabéns!

Anonymous said...

Germán Díaz é sobriño de Joaquín díaz que entre outros méritos ten o de facer realidade o Múseo da Música en Urueña, Valladolid. Queda de camiño a Madrid. É recomendable unha paradiña polo museo, por ser "Villa del Libro", polo ben que cociñan o cordeiro e por ser un pobo encantador.
http://www.diputaciondevalladolid.es/villadellibro/inicio.shtml

Anonymous said...

Esquecime de dar esta dirección sobre o museo http://www.luisdelgado.net/museo.htm

Related Posts with Thumbnails