Thursday 22 November 2007

Grupo de profes do Sánchez visita exposición en Pontecaldelas

Un grupo de profesores do Sánchez Cantón pasaron hoxe pola Casa da Cultura de Ponte Caldelas e entraron a ver o Premio Antón Fraguas 2006. Que preciosidade o traballo que fixeron no IES de Ponte Caldelas (parabéns a todos, especialmente aos ex-profes do noso instituto Humberto e Cristina). Paráraronse a ver todo polo miúdo e aprenderon moitas cousas; por exemplo, ningún sabía ben o que eran os torreiros, agora xa o saben. Veñen todos contentos e recomendando a visita a quen pillan por diante.

2 comments:

Anonymous said...

Logo se houbo sorpresa ante as paisaxes naturais e as perlas etnográficas tan próximas a nós, pero á vez ignoradas pola Pontevedra urbanita, máis adiante, cando os días sexan máis grandes, haberá que organizar un roteiro. Grazas por visitar a exposición. Leveime unha sorpresa moi agradable ao ver a foto do grupo. A ver se de todo isto serve para que os diferentes colectivos, asociacións de veciños, comunidades de montes, responsables políticos tomen boa nota e levanten o rural poñendo en valor estes tesouros.Unha forte aperta para tí e os teus compañeiros.
Humberto Martínez

Anonymous said...

Grazas Anxo e demáis compañeiros pola visita. O da proposta de roteiro vai en serio. Xa sabedes que Humberto é adicto aos roteiros e encántalle levar xente ao seu carón para ter público escoitador.É incansable e non lle importa facer rutas curtas, longas, doadiñas, para iniciados aventureiros... ou sexa,se vos animades, estamos ao voso dispor.

Related Posts with Thumbnails