Wednesday 28 May 2008

Nostalxia

Pecha o mítico cine Palacio de la Música da Gran Vía de Madrid. Para quen pasamos a infancia en cidades pequenas próximas á gran urbe e perpetuamente anuladas por ela, cidades "de provincias", denominación que sempre nos pareceu case un insulto, ir ao cine en Madrid constituía unha ocasión especialísima que as nosas familias só de cando en vez se podían permitir. Eses espazos inmensos, cos seus palcos e grandes cortinas que só deixaban ver a enorme pantalla cando empezaba a función, nada tiñan que ver cos pequenos cines onde pasabamos as tardes de domingo. Case 500 cines había en Madrid dos que só quedan 20 no centro. Corren a mesma sorte noutras cidades: volvémonos cómodos e preferimos o videoclub da esquina ou a área comercial onde ademais de ver a película, de paso, podes ir ao supermercado ou botar unha ollada á roupa da nova tempada.

Apetécenos hoxe un paseo nostálxico por esta selección de boas películas. De ningún modo nos atrevemo a dicir que son as 100 mellores porque, coma sempre, toda selección é máis que subxectiva.

2 comments:

Anonymous said...

Toda listaxe metacinematográfica vai ser sempre subxectiva, mais esta resulta, sen medo a trabucarme, excesiva. Onde están Kieslowski, Godard, Pasolini, Fellini, Egoyam, Gitai... ou o propio Almodóvar, Erice... por citar a uns poucos? Esta escolma foi realizada por un fan do cine de xénero (terror e ciencia-ficción), con engadidos subxacentes avalados pola crítica mainstream. O 85% (a ollo) é cine americano... poucas excepcións hai, case todas niponas (Kurosawa, Miyazaki, Takahata...) Non cola!

Lois Atanes

MESTURAS said...

Xa sei, pero que queres, era o mellor que había en You Tube. E algunhas son boas, outras moi boas, outras entretidas... e ti, coma sempre, implacable.
Charo

Related Posts with Thumbnails