Na nosa proverbial ignorancia descoñeciamos a existencia da obra “Seguindo o curso do río durante o festival Ching Ming”, e ao recibir un correo coa ligazón que vos facilitamos nesta entrada, puxémonos a buscar información. Atopamos unha morea de páxinas, que dicían basicamente o mesmo, probablemente inspiradas na inevitable Wikipedia. Logo de entrar nalgunhas delas estamos en condicións de contarvos o seguinte:
Trátase dunha obra duns 5.28 m de lonxitude da que se realizaron diversas versións ao longo dos séculos. A obra orixinal atribúese ao pintor Chang Tse-duan (1085-1145). Concibiuse como unha exaltación da prosperidade e os quehacers cotiáns dos habitantes de Bianjing, hoxe Kaifeng durante a dinastía Song. É evidente que proporciona unha detalladísima información de primeira man sobre o modo de vida neste período da historia de China
Na pintura aparecen 814 figuras humanas, 28 barcos, 60 animais, 30 edificios e 170 árbores. Considérase un dos tesouros artísticos de China. É unha das posesións máis prezadas do Museo de Taiwan, onde se compuxo esta visualización virtual da pintura.
Non vos perdades as animacións dos recadros.
5 comments:
Desde logo, isto de que non nos leades!!!!
Bicos
Non é certo. É só que publicades a un ritmo excesivo para as nosas limitadas e cada día máis dispersas capacidades. Vëmonos pronto. Bicos para Anxiño, tamén.
É unha pasada de bonito!!!! Precioso o cadro e o enlace coas animacións non digamos.
Oki, se vas aos encontros, a ver se falamos que me apetece moito.
Grazas pola visita
Podo apuntarme á conversa???
Post a Comment