Estamos pensando xa na seleción de lecturas para a segunda andaina do noso club de lectura Tinta Viva.
Non sabemos aínda se teremos subvención oficial da Xunta para este curso, e moito menos a canto ascenderá a posible axuda. Intuímos que, en xeral, as perspectivas non son demasiado esperanzadoras neste e noutros temas, pero dunha cousa estamos seguros: Tinta Viva segue adiante, con ou sen respaldo oficial, porque o club de lectura está avalado polo equipo directivo do centro, que contou cun pequeno desconto horario para a profesora que o coordina, polo apoio explícito da ANPA O Verxel, sempre tan entusiasta e disposta a colaborar e, esperamos, por un número crecente de socios e socias.
Pois dándo voltas ao tema esencial da selección de lecturas pensamos que poderíamos comezar cun libro que fala precisamente doutro curioso club de lectura: o que formaron algúns habitantes da Illa Guernsey durante o longo período da ocupación nazi. É un libro realmente entrañable, dos que non podes deixar de ler, cunha mestura case exacta de humor, tenrura e dureza. É, sobre todo, un libro luminoso que tamén fala doutros libros iluminadores e ao que se lle podería aplicar sen medo a equivocarnos unha das súas afirmacións:
“Ler bos libros, impídeche gozar dos malos”.
La sociedad literaria y el pastel de patata de Guernsey Annie Barrows.Mary Ann ShafferRBA. Barcelona (2009). 304 págs. 15,50 €.
Podedes botar unha ollada ao video de promoción
3 comments:
Lino este verán e gustoume. Boa elección!
Saúdos
Este libro vailles gustar moito.A min gustoume moito, e non me cansei de recomendalo
grazas mozas. Vémonos en Santiago, supoño
charo
Post a Comment