Tedes que premer baixo cada unha das imaxes para botar unha ollada a estes mundos tan absolutamente fermosos e fascinantes, gañadores do certame de fotografía científica Wellcome Image Awards. É en certo modo consolador ver como ata as temibles células canceríxenas mostran a súa letal beleza. Aínda que podedes ver as imaxes na presentación orixinal da web do certame, preferimos as que atopamos no blog El cuarto oscuro que nos permiten facer esta montaxe para explicar o que mostran algunhas das fotos que máis nos gustan. A maioría son de preparacións microscópicas pero hai excepcións como a dese sabio doutor tibetano mostrando os seus prezados libros de medicina…
Célula con cancro | Fecundación in vitro | Célula con anemia |
Células de pel queimada | Células de osos | Doutor tibetano |
2 comments:
Realmente fascinante, pero se teño que elixir unha soa das fotos sería a do doutor tibetano, pero máis que pola foto en si polo que representa.
Certo. Realmente as dúas aproximacións á saúde, a oriental e a occidental están baseadas en concepcións do ser humano ben diferentes. Para cando unha aproximación?
Post a Comment