Monday, 19 October 2009

Linguas e pasos

Outra vez en Santiago, na nosa marabillosa Compostela. Esta vez sen choiva, a pleno sol. Outra vez a manifestarse, a xuntarse, a animarse... para vermos que somos moitosmoitos... para volvermos ás nosas casas e traballos e seguir pelexando día a día polo dereito a usar e defender a nosa lingua. E que teñamos que lle reclamar iso ao noso goberno, si ao de Galicia, parece mentira! Mais é o que hai. Xa o dicía o poeta Díaz Castro, Galicia é como a tea de Penélope, un paso adiante, outro paso atrás. E onte tocou un paso adiante, todos e todas saímos con folgos, con ánimos novos, con ilusión. Non nos imos deixar asoballar polos de sempre, polos mesmo señoritos que xa pintaba Castelao, agora con outros traxes. Non, Mesturas seguirá coma sempre, punto de encontro no noso centro desde a Biblioteca, con humor, con traballo, coas novos tecnoloxías, con amor pola lectura... e faltaría máis, en galego, porque nós tamén queremos galego.

Non deixedes de ler o artigo de Suso de Toro no País

A Quintana ateigada na manifestación de Queremos Galego (Autor: Manuel Vilas)

Rei, da plataforma Queremos Galego, fala na Praza da Quintana (Autor Manuel Vilas)

Manifestacion

mani1

No comments:

Related Posts with Thumbnails