Tuesday, 13 October 2009

Requiem polas Tablas de Daimiel

Estaba cantado. En Ciudad- Real todos sabiamos que ía pasar, se cadra non tan axiña. Demasiada neglixencia, sobreexplotación e intereses de todo tipo durante tantos anos tiñan que dar os seus froitos. E chegou o gran día. Hoxe, unha provincia que practicamente nunca é noticia aparece por fin na primeira páxina dalgún dos diarios de máis tirada. O protagonismo débese ao anuncio da morte xa irreversible deste espazo único.


Citamos dunha das páxinas do parque, en breve obsoletas:

parque-nacional-tablas-de-daimiel

“El humedal conocido como Las Tablas de Daimiel fue declarado Parque Nacional en el año 1973, Reserva de la Biosfera en el 1981 e incluido dentro del Convenio Ramsar en el año 1982.

Es el último representante de un ecosistema denominado tablas fluviales, formación que se produce por el desbordamiento de los ríos Guadiana y Gigüela, favorecido por la escasez de pendiente en el terreno. Con su declaración como Parque Nacional se dio un gran paso en la conservación de uno de los ecosistemas más valiosos de nuestro planeta, asegurando así, la supervivencia de la avifauna que utiliza estas zonas como área de invernada, mancada y nidificación”.

“El Parque Nacional de las Tablas de Daimiel sufre un proceso de degradación irreversible que se presenta como un punto de no retorno en su conservación". Fonte El País. 13-10-2009.

E deixámosvos cun vídeo dun minuto de duración e 4 fotografías. Non paga a pena empregar máis tempo. Las Tablas de Daimiel son xa historia.


4 comments:

GGuerra said...

Canto o sentimos, Charo, pola túa terra! Como se di nos enterros: acompáñote no sentimento

charo said...

É certo. Pero ata parece que estamos máis preparados para asumir a morte das persoas, que sabemos fráxiles. Parece coma se as paisaxes, ou polo menos determinadas piasajes simbólicas, como eran las Tablas, fosen durar sempre. Constituían un lugar privilexiado nunha contorna tan seca, onde a cor verde esperta auténtica veneración. Tal vez esta sexa unha das razóns da súa morte. Querer crear artificialmente verdes onde corresponden só ocres. Os acuíferos esgótanse logo de décadas de sobreexplotación mal planificada. Desaparece un dos lugares máis especiais e sorprendentes da España interior. Unha traxedia.

Ronsel said...

Acábollo de ensinar ao meu home. Seica anda a chorar polo corredor. Un desastre máis do noso país.

charo said...

Pois si, aínda non o podo crer, pero parece que desta xa non hai volta atrás.

Related Posts with Thumbnails