Tuesday 27 April 2010

Marilar Aleixandre no instituto

Moitos dos nosos alumnos de 1º Bacharelato leron este ano A banda sen futuro, algúns o ano pasado A Compañía clandestina de contrapublicidade ou A Cabeza de Medusa, outros cando estaban en 1º ESO A expedición do Pacífico. A autora destes libros é Marilar Aleixandre que hoxe estivo no paraninfo do Sánchez Cantón. Organizaron o acto a Biblioteca e o Departamento de Lingua G. e Lit. O relatorio foi moi interesante para o alumnado xa que a autora foi debullando moitos aspectos de interese para os lectores dos libros citados e finalmente aclarou as dúbidas que os rapaces lle expuxeron. Temos que lle agradecer a Marilar Aleixandre que se desprazase a Pontevedra e atendera tan amablemente os nosos alumnos e alumnas. 

marilar2marilar1

2 comments:

Beni said...

As experiencias cos autores/as son sempre interesantes, sobre todos cando detrás hai un traballo tan ben feito coma o voso.

MESTURAS said...

Sempre é moi interesante escoitar a Marilar. Ë a segunda vez que ven ó centro porque é unha das autoras mías lidas polo alumnado.

Related Posts with Thumbnails